17 de xul. de 2017

A GÁNDARA (A GUARDA)

Gas Natural Fenosa avisa de cortes de electricidade 

No barrio da Gándara durante a mañá doe domingo día 23 de xullo


Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda ven de facer público á seguinte nota: 

 "O domingo 23 de xullo, entre as 7:00 e as 11:00 horas, poderán producirse cortes na subministración eléctrica na zona da Gándara. Segundo informa a distribuidora Gas Natural Fenosa, estas interrupcións responden ós traballos de mantemento e mellora da rede eléctrica que a compañía ten programado acometer durante esa mañá no barrio guardés. 

 As vivendas e locais afectados polos cortes de electricidade serán, principalmente, aqueles que se atopen na rúa José María Sesto, a carretera Gándara e as travesías Brueira, Cruz da Monxa, Pozas e  Xunqueiriñas".

Ningún comentario:

Publicar un comentario