17 de xul. de 2017

A GUARDA

A mostra “Viaxando pola historia, cen anos do MASAT” apraza a súa inauguración ao 27 de xullo

Dita mostra amosará a evolución do museo dende os seus inicios no ano 1917 ata os nosos días, sempre vinculada ao xacemento do Monte Santa Trega

Vista parcial do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT)
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Conclelo de A Guarda informa que a exposición “Viaxando pola historia, cen anos do MASAT”, que conmemora o centenario do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, apraza a súa inauguración unha semana, de xeito que a mostra permanecerá aberta dende o vindeiro 27 de xullo ata o 27 de agosto na Casa dos Alonso.  

Vella postal con unha vista parcial do Museo da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla
Foto: Arquivo 

 Dita mostra amosará a evolución do museo dende os seus inicios no ano 1917 ata os nosos días, sempre vinculada ao xacemento do Monte Santa Trega, e permitirá realizar unha viaxe ao pasado a través do patrimonio deixado polos nosos antergos, poñendo en valor a labor realizada polos compoñentes da Sociedad Pro-Monte Sante Tecla, fundadora do museo, a quen se rende homenaxe polo tempo dedicado ao coidado e difusión dun dos xacementos máis emblemáticos de Galicia.  

 A mostra estará composta por diversas pezas arqueolóxicas procedentes das campañas acometidas durante décadas no Trega, incluídas pezas descubertas nas últimas intervencións, como o tan soado “Cabezón do Trega” que se atopa actualmente na exposición permanente do MASAT. Daranse a coñecer, igualmente, outras pezas gardadas nos fondos do museo e, amais das propias, contará con pezas procedentes doutros xacementos da mesma época. Preténdese así salientar a importancia do patrimonio da vila e a relación cronolóxica e cultural con outros castros da provincia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario