28 de mar. de 2017

PONTEVEDRA

CORES TOURÍS DESTACOU QUE OS CONCELLOS DO BAIXO MIÑO RECICLARON CASE 884 TONELADAS DE VIDRO, O QUE SUPÓN UNHA MEDIA DE 17,9 QUILOS POR HABITANTE  

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra mantivo esta mañá unha reunión co xerente de Ecovidrio, Germán Fernández, quen destacou que a provincia de Pontevedra reciclou o ano pasado 13.774 toneladas de vidro   

A rede de puntos e de illas de reciclaxe deste tipo de material incrementouse no pasado ano nun 3,3%, ata acadar os 14.718 contedores no conxunto da comunidade 

O compromiso e á colaboración cidadá dos galegos permitiron evitar a extracción das toneladas de CO2 equivalente a retirar uns 6.700 coches das estradas durante un ano  

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra mantivo esta mañá unha reunión co xerente de Ecovidrio, Germán Fernández, quen destacou que a provincia de Pontevedra reciclou o ano pasado 13.774 toneladas de vidro   


Infogauda / Pontevedra

 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo esta mañá unha reunión co xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio, Germán Fernández, co obxectivo de analizar o volume de reciclaxe nas comarcas da provincia de Pontevedra ao longo de 2016. No caso do Baixo Miño, depositáronse nos contedores verdes case 884 toneladas de vidro, o que supón unha media de 17,9 quilos por habitante nesta comarca.  Na reunión estiveron acompañados do xefe territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en Pontevedra, José Manuel González.  O delegado territorial salientou o esforzo que está a realizar o conxunto da sociedade pontevedresa neste senso, e destacou que os concellos da provincia depositaron 13.774 toneladas de vidro nos contedores verdes, o que significa unha media de 14,6 kg/hab.   A nivel galego, foron 41.253 as toneladas de residuos de envases de vidro recicladasa través do depósito nos iglús verdes ao longo de 2016, o que supón un incremento dun 3,5% con respecto ao ano 2015.  


Baixo Miño
17,9 kg/hab
A Guarda
21,4 Kg/hab

O Rosal
20,1 Kg/hab

Oia
19,7 Kg/hab

Tomiño
16,1 Kg/hab

Tui
12,5 Kg/hab

Media nacional
16,2 Kg/hab


 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra e o xerente de zona de Ecoembes coincidiron en que unha das razóns do mantemento no Baixo Miño do volume de reciclaxe (en 2015 a media foi de 18,2 kg/hab) débese á concienciación cidadá sobre os beneficios que reporta ao medio ambiente o feito de reciclar este tipo de residuos, dándolles unha segunda vida. Para favorecer a colaboración cidadá, o parque de contedores nesta comarca é de 359; o que sitúa a ratio de contenerización nun contedor por cada 139 habitantes, un dato superior á media nacional (1/220 hab).  

 Cómpre lembrar que na actualidade, todos os concellos de Galicia están adheridos ao Convenio marco asinado entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Ecovidrio no ano 2013.  

 Evolución dos últimos anos 
 Tendo en conta os datos de 2016, conclúese que a provincia de Pontevedra, ao igual que o resto de provincias galegas, teñen mellorado os seus datos relativos á recollida deste tipo de residuos, comparados coas cifras rexistradas en 2015.

 Estas cifras indican que Galicia avanza na boa senda para cumprir o reto de reciclar un 60% do vidro en 2020, pois na actualidade a valorización deste material sitúase no 54%. Cómpre destacar que a reciclaxe de vidro aumentou en sete puntos no período 2011-2015, pasando do 47% ao 54%, o que a sitúa como a fracción de residuos que máis medrou nestes anos, en comparación co resto de fraccións de recollida selectiva.  

 Outro aspecto importante a destacar é a calidade da recollida selectiva, que presenta uns bos resultados. Esta fracción presenta baixos niveis de porcentaxe de impropios, os cales, desde 2011, mantivéronse estables ao redor do 5,75 – 5,82%. Esta é a segunda fracción coa porcentaxe de impropios máis baixa, só superada polos resultados acadados pola fracción de papel-cartón (1,82%).  

 Segundo recordou Cores Tourís, a reciclaxe de vidro é un elemento clave na loita polo cambio climático. Grazas ao vidro depositado nos colectores verdes, os galegos lograron:  
- Minimizar a emisión de 27.000 toneladas de CO2, o que equivale a retirar 6.700 coches da estrada durante un ano.

- Evitar a extracción de 49.500 toneladas de materias primas, o que representa cinco veces o peso da torre Eiffel. 

- Aforro de 91.600 MWh de enerxía.  

 Estes resultados son unha gran noticia para a sociedade galega, que consolida un hábito sustentable e responsable e, por encima de todo, para o medio ambiente e a loita contra o cambio climático. As cifras demostran a eficacia do modelo colector e a súa vixencia e potencial tras case 20 anos de vida na comunidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario