28 de xan. de 2017

A GUARDA

UNIDADE COSTIÑA


Proxecto Socheo / A Guarda

 Unidade didáctica arredor da figura e da obra de Joaquín García Portela, máis coñecido co alcume do Costiña. Este traballo enmárcase dentro do programa de actividades que levan por título Camiños da imaxe, producido polo Concello da Guarda e comisariado por Proxecto Socheo. O primeiro paso destas actividades foi a organización dunha exposición celebrada na Casa dos Alonsos da Guarda do 22 de xullo ao 15 de agosto de 2016. Os contidos desta páxina son o complemento teórico da unidade didáctica conformada polas proxeccións das películas do Costiña, un video explicativo e follas de visionado para os niveis de Especial, Primaria, ESO e Bacharelato.
(Para acceder aos distintos contidos clicar en riba do seu respectivo epígrafe)

Ningún comentario:

Publicar un comentario