2 de ago. de 2016

A GUARDA

RECANTO DA ARTE

JOAQUÍN GARCÍA PORTELA “COSTIÑA”: UN GRAN RETRATISTA

Nos retratos feitos por “Costiña”, hai oficio e sobor de todo, autenticidade. Esas facianas de mulleres e de homes, do agro e do mar,  e mesmo da vila, amosan a dignidade personal de cada un dos retratados, exentos a meirande parte das veces, de todo o accesorio

A Casa dos Alonso, na Praza do Reló, acolle a exposición Camiños da imaxe. Arquivo de Joaquín García Portela “Costiña”
Foto: Ricardo Rodríguez Vicente

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A planta baixa da Casa dos Alonso, sita na Praza do Reló, da vila de A Guarda, acolle desde o pasado día 22 de xullo ata o vindeiro día 15 deste mes de agosto, a exposición Camiños da imaxe. Arquivo de Joaquín García Portela “Costiña”, comisariada por Proxecto Socheo, coa intervención moi directa de Xurxo Chirro e Beli Martínez. Trátase dunha producción do Concello de A Guarda, coa colaboura da Deputación de Pontevedra, na que se amosan fondos provintes do arquivo de Joaquina e Celia Martínez García, así como material prestado por Consuelo García Ferreira, Ignacio Benedeti Corzo, Antonio Martínez Vicente e Asociación InfoMAXE.

 Da dixitalización do arquivo ocupouse Félix Carpio, e do asesoramento Raquel Álvarez, Tamara de la Fuente, Marta Moreiras e Manuel Sendón.

 A impresión estivo o coidado de Zclick e da montaxe Solución ARTE.

 Tamén colabouraron María Marco, Marcos Gesteiro, Beatriz Lema, Ignacio Benedeti Corzo, José María Rodríguez Armada, CGAI, Deputación de Pontevedra, Consellería de Educación e Cultura, AGADIC e Asociación InfoMAXE.

 Como ven se indica o visitante no programa de mán dispoñíbel na sala, “esta exposición é para vela devagar, sen présas, vendo e volvendo a ver as imaxes para que elas mesmas nos falen da súa natureza e os seus contidos. É un convite para escudriñar coa mirada os seus detalles para investigalas dunha maneira minuciosa. Esta exposición é unha porta directa ao noso legado patrimonial para exhortar a nosa identidade como pobo. O tempo suspéndese, todo fica parado, en silencio (...).”


A cámara de estudo - no centro da imaxe - e o proxector de cinema, pódense ollar na exposición
         Foto: Ricardo Rodríguez Vicente 

Joaquín García Portela, fillo de José Bernardo e de Florinda, naturais de A Guarda e de Salcidos, respectivamente, naceu o día 18 de febreiro de 1894, na vivenda familiar sita en Solanas nº 25, de A Guarda. Joaquín, que era o primoxénito dos dous fillos que tivo o matrimonio, cursou súas primeiras letras na escola do gratamente relembrado mestre D. Manuel Rodríguez Sinde; tamén foi moi coñecido polo sobrenome “Costiña”, que herdou de seu padrastro, xa que súa nai casou en segundas nupcias, con un portugués alcumado Costinha, que faceleu traballando no Colexio dos Xesuítas, da Pasaxe (Camposancos).

Joaquín García Portela casou con súa curmá Florinda Manuela Ferreira  Portela, e tiveron tres fillos: Celia, Consuelo e José.

"Costiña" traballou de mecánico e de latoeiro. Emigrou a Buenos Aires (Arxentina). Home de inquedanzas culturais e técnicas, o seu retorno instalouse como fotógrafo profisional na súa vivenda estudo preto de Laxe Grande, o tempo que desempeñou súa labor como chofer do indiano D. Manuel Otero Lomba “O Potiño” e súa esposa Dª Joaquina Juana Sobrino Alonso. Tamén montou e reparou aparellos de radio de galena, e traballou como operador de cabina no Cine-Teatro “Avenida”, de A Guarda.


Joaquín García Portela "Costiña", na cabina de proxeccións do Cine-Teatro "Avenida"
Foto: Arquivo familiar

De formación autodidacta, Joaquín era unha persoa culta, que debido a súas ocupacions profisionais, e polo vencello de parentesco con Vicente Vicente, fillo de Vicente Vicente Táboas - propietario da imprenta onde se editaba o semanario "La Voz del Tecla" -, estaba o día nas novidades que ían saíndo. De tal xeito, que a mediados da década dos anos 20 do pasado século XX merca unha cámara de cinema de 9,5 mm. e un proxector, fabricados por Pathé Fréres. Entre os anos 1926 e 1929, fai filmes nos que as protagonistas principais son súas fillas Celia e Consuelo García Ferreira. Tamén decide gravar esceas que hoxendía teñen un importante interese etnográfico, nas que figuran argaceiras, redeiras, pescadores,..., así como O Balueiro, a Casa de Baños, os muños de vento da Guía e da Cruzada, unha procesión da Virxe da Guía en Ribavadila, unha romaría no Monte Santa Trega e algúns dos primeiros automóveis que subiron pola súa sinuosa estrada, ..., que polo de agora constitúen as primeiras imaxes en movimento do pobo de A Guarda, feitas por un autor guardés.

A finais da década dos anos 40, Joaquín García Portela trasladou seu estudo fotográfico a vivenda sinalada co nº 45 da rúa Concepción Arenal, onde tivo seu domicilio familiar e onde exerceu como fotógrafo de estudo ata seu falecemento en xullo de 1957.

Joaquín García destacou entre os fotógrafos guardeses pola súa constante procura de novos camiños da imaxe. Nunha época de limitadas posibilidades crematísticas, e mesmo pola notoria condición periférica de A Guarda, foi pioneiro na incorporación da cor nas imaxes fotográficas e como antes salientamos, precursor do cinema.

A descoberta dos seus filmes logo de varios anos de haberse extraviado, motivou que Joaquina e Celia Martínez García, netas de Joaquín, contactasen con Xurxo González Rodríguez (Xurxo Chirro) e Beli Martínez, activos compoñentes de Proxecto Socheo, para ver á posibilidade de dixitalizar o contido das películas de “Costiña”. Unha vez conquerido ese reto, o seguinte paso era dar á coñecer seu contido, e dese xeito pór en valor ese tesouro cultural e render unha homenaxe a Joaquín García Portela. Compre salientar que a acollida dispensada polo Concello de A Guarda a esa proposta fixo posíbel que nestes días todos poidamos disfroitar con unha mostra non soio fotográfica, de grande interese, senón coas primeiras imaxes cinematográficas de A Guarda, feitas por un autor guardés, das que se ten constancia deica agora.

Ademais, compre salientar que nesta exposición logrouse reunir documentación persoal de Joaquín García Portela, así como imaxes del e da súa familia, dous cadros – un Cristo xacente e un autorretrato - da súa autoría, pintados ao óleo, súa cámara fotográfica de estudo, seu proxector de cinema, a primeira referencia bibliografíca sobor dese fotógrafo,..., entre outras pezas que se amosan o respectable público.


Foto: Joaquín García Portela

Nesta exposición queda de manifesto á mestría de Joaquín García Portela como retratista. A pesares das innumerables limitacións, propias da época que lle tocou viver, el logrou reflectir nas súas fotografías moito máis que imaxes de persoas que se achegaron ata seu estudo para ser fotografadas. Logrou inmortalizar, non soio á semellanza entre a imaxe final co suxeto fotografado, senón súas expresions máis auténticas, con olladas que non deixan indiferente a quen se deteña diante delas a observa-las con devagar.


   
                                                            Foto: Joaquín García Portela

Nos retratos feitos por “Costiña”, hai oficio e sobor de todo, autenticidade. Esas facianas de mulleres e de homes, do agro e do mar, e mesmo da vila, amosan a dignidade personal de cada un dos retratados, exentos a meirande parte das veces, de todo o accesorio. Os resultados son uns magníficos retratos que reflicten a profisionalidade do seu autor: Joaquín García Portela “Costiña”. Un fotógrafo sensíbel, innovador, adiantado o seu tempo, que traballou profisionalmente no ámeto fotográfico, compatibilizando como antes dixemos, esa labor con outras actividades laborais, o que demostra claramente que era unha persoa afanosa, o cal non quer decir que fose unha persoa interesada crematísticamente falando, pois exemplos hainos dabondo que acreditan todo o contrario.

Relembramos que na exposición Camiños imaxe. Arquivo de Joaquín García Portela “Costiña” pódese ademirar unha mostra de retratos ampliados, así como un álbum dixital con máis de 400 imaxes, e por suposto, na sala de proxeccions, as películas de “Costiña”.

Veñen ahi días grandes, de festa e de tempo libre para compartir coa familia e cos amigos. Oportunidade óptima para que guardeses e visitantes nos acheguemos a esta exposición, porque con toda probabilidade, o tempo que lle dediquemos á súa contemplación resultarános moi gratificante.

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS QUER LEVAR A BO TERMO UN PROXECTO MOI AMBICIOSO NO MONTE SANTA TREGA

José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Camposancos: "Consiste en deforestar todo o entorno inferior de Chans ata A Sangriña, e de ahí ata o Aloque. Esta zona agora mesmo está invadida de unha selva impenetrable de acacias e algún eucalipto. Unha vez deforestada se abonará con os restos das algas tratadas pola empresa CEAMSA (...)"



José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Camposancos 
Foto: Infogauda

Infogauda / Camposancos

 Este mércores día 3 de agosto, ás 9:00 horas, no parque de Chans, virán ata o Monte Santa Trega, representantes da empresa Compañía Española de Algas Marinas, S.A. (CEAMSA) e de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia, para decidir in situ sobre un proxecto no cal ven traballando a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, e que precisa do permiso de Medio Ambiente así como tamén o de Patrimonio.  

 Segundo afirmou este xornal dixital, José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Camposancos "o proxecto e moi ambicioso e pensamos que moi bo para o monte. Consiste en deforestar todo o entorno inferior de Chans ata A Sangriña, e de ahí ata o Aloque. Esta zona agora mesmo está invadida de unha selva impenetrable de acacias e algún eucalipto. Unha vez deforestada se abonará con os restos das algas tratadas pola empresa CEAMSA, Estas veñen misturadas con perlita. Se labrará a terra e se sementará con herba, polo que o terreo quedará feito unha pradeira na que logo se poderán plantar arbores. Tamén se fará esta actuación entre as árbores xa plantadas. A empresa CEAMSA correrá con todos os gastos. 

 O custe por hectárea é de 20.000 € é a devandita empresa está disposta a prepararnos toda a superficie que lle poñamos a dispor, sempre que Medio Ambiente de o visto bó. Patrimonio xa nos deu o seu consentimento, supeditado a que Medio Ambiente tamén o de".   

A GUARDA

NUEVAS FECHAS PARA EL  CURSO DE PRIMEROS AUXILIOS Y SOCORRISMO     

La acción formativa, que tendrá una duración de 20 h, se realizará los días  10, 17 y 24 de septiembre 2016     

Neli Rodríguez / A Guarda

 Cruz Roja Española en A Guarda informa de la realización del curso primeros auxilios. Esta formación está dirigida a personas mayores de 16 años, que están interesadas en adquirir conocimientos acerca de Primeros Auxilios. 

 El curso de Primeros Auxilios, baremable para el Sergas, con una duración de 20 horas teórico-prácticas, se celebrará los días 10, 17 y 24 de septiembre de 2016  con el siguiente horario de 10.00-14.00 y de 16:00 a 20:00 horas. 

 El objetivo general es capacitar a los alumnos para desarrollar correctamente su actuación ante una urgencia, así como facilitar la adquisición de conocimientos y un nivel adecuado de formación en cuanto a los contenidos.  

 En su estructura el curso incluye los siguientes módulos:  Autoprotección y Evaluación inicial del paciente. El cuerpo humano y Soporte Vital Básico. Actuaciones clásicas de socorrismo. Shocks, Hemorragias, Traumatismos. Evacuación de heridos. Intervención en accidentes con múltiples víctimas. Accidentes domésticos. Situaciones de urgencia  y Prevención de accidentes.   

 El número de plazas es de 20, y la realización del curso queda sujeta a que se cubran un mínimo de 15 plazas. Se respetará el orden de inscripción.  

 Para inscribirse u obtener más información, no tienen más que dirigirse a: 

 Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño 
 c/ Agustín Nandín Lomba, nº 1 Bajo 
(al lado de la iglesia parroquial) 

 Teléfonos: 986 614 609 / 606 348 471

A GUARDA

GASTRONOMÍA

O PREGOEIRO TINO BAZ E A COCIÑEIRA CHUS CASTRO, BRILLARON CON LUZ PROPIA NA XIII FESTA DO PEIXE ESPADA DA GUARDA   

Esa imaxe reflicte a importante participación dos comensais que asistiron a XIII Festa do Peixe Espada
Fotos. C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 A última fin de semana de xullo tivo un sabor moi especial na Guarda. Tras unha ausencia que se prolongou dende 2008, volveu á vila unha das súas festas gastronómicas máis recoñecidas, a Festa do Peixe Espada. Esta foi a XIII edición da celebración organizada por OR.PA.GU en colaboración co Concello da Guarda.  

O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, na súa intervención

 A festa comezou o sábado da mellor maneira posible, cun pregón á altura da importancia dun día tan especial para a localidade, que foi ofrecido polo cantautor guardés Tino Baz, recoñecido e admirado entre os seus veciños e veciñas, pero tamén no resto da xeografía galega. Este foi precedido pola intervención do alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, quen se encargou de dar a benvida á festa, cunhas verbas adicadas á importancia dos palangreiros e un especial agradecemento a OR.PA.GU. polo traballo de visibilización da flota guardesa, que supón o 40% da flota nacional do peixe espada.   

O cantautor, músico e poeta guardés Tino Baz, exercendo como magnífico pregoeiro da XIII Festa do Peixe Espada

 A continuación presentou ó pregoeiro, quen fixo unha espectacular entrada á carpa do Porto da Guarda, tocando a gaita ata chegar o escenario, entre os aplausos dos asistentes. No discurso que ofreceu, coa súa potente e característica voz, quixo destacar o valor gastronómico e nutricional do peixe espada, o emperador dos mares como o definiu, e a importancia de que unha festa como esta tamén aposte pola cultura, a conciencia, a música e a creatividade. Todo isto, afirmou, se pode ver nesta celebración a través do XIII Concurso de carteis “Festa do Peixe Espada” e do I Concurso literario infantil “Homes e mulleres do mar”, cuxos premios se entregaron tras o propio o pregón. 

Na imaxe unha das embarcacions participantes no I Campionato Galego de Slalom Integrador que tivo lugar no porto de A Guarda

 Ese mesmo sábado día 30 tamén se puido desfrutar da actuación de música tradicional de “Fuscalho”, da actuación do grupo Ángel América (ex-vocalista da orquestra América) e da segunda proba do I Campionato Galego de Slalom Integrador.  

Chus Castro, do Restaurante Bitadorna, fixo unha demostración en vivo e en directo, de como se pode preparar o peixe espada de diferentes xeitos, demostrando a versatibilidade deste produto


 Xa no segundo día deste evento, o domingo 31 de xullo, a principal protagonista da xornada foi a cociñeira Chus Castro do Restaurante Bitadorna, que leva 23 anos atendendo ó público na Guarda e 6 co establecemento do mesmo nome que abriron en Vigo. A cociñeira guardesa fixo unha demostración en vivo e directo de como se pode preparar o peixe espada de diferentes xeitos, demostrando a versatibilidade deste produto. Nesta clase magistral preparou cinco pratos no escenario, en directo e amosando a todos os que se atopaban como realizalos paso a paso. O primeiro foi un tartar. A continuación, cunha preparación similar fixo unha receita moi diferente e das que máis gustou o público: unhas sorprendentes hamburguesas de peixe espada con sésamo. A orixinalidade foi a tónica común dos pratos alí mostrados, que se completaron cun tataki, un carpacho aliñado con alioli de soia e salsa de allo negro e por últimos uns tacos de peixe espada con doce de piña.  

A cociñeira Chus Castro recibiu de mans do alcalde Antonio Lomba Baz, un agasallo do Concello de A Guarda 

 Rematou así esta mostra na que se puido comprobar a destreza dunha das cociñeiras máis destacadas da Comarca do Baixo Miño e de toda Galicia, cuxo Restaurante da Guarda foi recoñecido como unha das mellores marisquerías de toda España para o cal o segredo, afirma, é manter a calidade a pesar da dificultade dos tempos e ofrecer unha combinación de marisquería, cociña creativa e artesá na que se fagan cousas sinxelas que potencien o sabor dos produtos utilizados sen escondelos.   

Público e participantes no IV Máster Nacional de Futbolín

  Ademais, durante toda a fin de semana tivo lugar na carpa do Porto da Guarda o IV Máster Nacional de Futbolín, houbo diferentes actividades para os nenos e, por suposto, se puido desfrutar o peixe espada en todas as súas variedades: á prancha, en empanada, en forma de croquetas, en salpicón, etc..   

O alcalde de A Guarda conversando con representantes dunha delegación nipona que participou na XIII Festa do Peixe Espada

 De toda esta oferta de actividades lúdicas e culturais puideron desfrutar os centos de visitantes que se achegaron este sábado e domingo á Guarda para rematar o mes de xullo degustando un dos peixes máis sabrosos da nosa gastronomía, do que se despacharon máis das 2.000 racións que estaban previstas. nunha contorna incomparable como a que ofrece a vila da Guarda. 

OIA

NUTRICHEF CHEGA A OIA
TALLER DE COCIÑA E DE EDUCACIÓN NUTRICIONAL




Infogauda / Oia


 Dirixido a nenas/os de 6 a 12 anos de idade, chega a Oia o Taller teórico/práctico Nutrichef, que está organizado e será impartido por Adrián Martins, Gastronomía e Nutrición, coa colaboura do Concello de Oia.

 En cada sesión, os participantes desenvolverán un menú e equilibrado, recibirán explicacións do prato e súa repercusión nutricional, serán aleccionados para que teñan interese por unha alimentación equilibrada e coñecerán técnicas culinarias.

 Nesta 1ª convocatoria, o taller desenvolverase na Casa Cultural de Viladesuso, os días 16, 17 e 18 de agosto, de 11:00 a 13:00 horas.

 O prezo por persoa é de 20 euros.

 As prazas son limitadas.

 Para inscribirse hai que dirixirse o Concello de Oia. Para máis información ás persoas interesadas poden chamar o teléfono: 639 329 493.

GALICIA

O Dog publica hoxe as axudas para ao funcionamento das agrupacións de voluntarios de protección civil de Galicia   

En total, repártense 340.000 euros para 159 Agrupacións de Protección Civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades e agrupacións de concellos   

Por provincias, 129.498 euros irán a asociacións da Coruña, 102.652 euros para Ourense, 55.028 euros e 52.820 euros para asociacións de Lugo Pontevedra respectivamente   

Infogauda / Santiago de Compostela

O Diario Oficial de Galicia na súa edición de hoxe publica a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de persoal voluntario de protección civil de concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos.
En total, achegaranse 340.000 euros ás agrupacións de 159 entidades locais, 156 de concellos, a mancomunidade de Val Miñor (Pontevedra); e ás agrupacións de concellos de Cortegada, Padrenda e Monterrei; e por outra banda, á agrupación de concellos de Cualedro e Monterrei.
Por provincias, a máis beneficiada foi a da Coruña con 59 asociacións e 129.498 euros. Síguelle Ourense, con 47 asociacións e 102.652 euros; Lugo, con 27 asociacións e 55.028 euros; e Pontevedra, con 26 asociacións subvencionadas cun total de 52.820 euros.
Con estas axudas preténdese colaborar economicamente coas Asociacións de Voluntarios de Protección Civil nos gastos de natureza corrente, o que posibilitará o funcionamento destas entidades dentro dos seus concellos e a colaboración nos plans e programas de protección civil da Xunta de Galicia.
Así, as subvencións poderán ser investidas en equipamento e vestimenta persoal de uniforme; equipos de prevención e protección; gastos ocasionados durante as actuacións levadas a cabo pola agrupación en materia de protección civil e gastos de conservación, mantemento e/ou aluguer da súa base e medios de intervención, aplicacións informáticas e de comunicacións, entre outros.
Para a concesión destas axudas estudáronse unha serie de criterios obxectivos de avaliación como son o número de mobilizacións con asistencia ás emerxencias, a ratio de voluntarios por cada mil habitantes, o risco potencial de emerxencias -establecido polo Platerga-; ou a antigüidade e a atención da AVPC ao servizo 24 horas, por exemplo.

GALICIA

Galicia é a segunda Comunidade na que máis decrece o paro que baixa das 200.000 persoas por primeira vez en sete anos 

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, salientou hoxe que a Comunidade pecha xullo con 20.914 desempregados menos que no 2015, un -9,67%

Toca indicou que esta boa evolución se pon de manifesto nas afiliacións que con respecto a xuño tiveron un incremento 3 veces superior ao do Estado, situando a Galicia como a terceira rexión con maior incremento, un 1,67%  

O número de persoas sen emprego volve a decrecer nas principais variables, con respecto ao mes pasado, en todos os sectores, nas catro provincias, nas 7 grandes cidades, tanto en homes como en mulleres e en todos os tramos de idade, resaltando o descenso nos menores de 30 nun -16,3% con respecto a 2015  

Por sectores, lidera a baixada a construción cun -16,32% seguido da industria cun -14,62% con respecto a 2015  

Toca sinalou que o Goberno galego continúa traballando para afianzar estas boas cifras e seguir creando postos de traballo estables e de calidade, tal e como quedou reflectido na última EPA 



Infogauda / Galicia

Galicia pechou o mes de xullo cun total de 195.457 persoas desempregadas, o que supón que o paro baixa das 200.000 persoas por primeira vez desde o verán de 2009. A baixada con respecto a hai un ano sitúase no -9,67%, é dicir, Galicia conta hoxe con 20.914 desempregados menos que en 2015, o que supón xa algo máis de dous anos e medio de baixadas consecutivas.
O descenso do paro este mes sitúa a Galicia, ademais, como a segunda Comunidade na que máis decrece con respecto a xuño e, polo tanto, cun comportamento mellor que o do Estado tanto en comparación con hai un ano como co mes pasado. Con respecto a xuño a diferenza coa media de España é de 3,49 puntos porcentuais.
Segundo Toca, “esta boa evolución” ponse tamén de manifesto nas afiliacións que triplicaron ás do Estado, situando a Galicia como a terceira rexión con maior incremento, un 1,67% en comparación co mes anterior.
Así mesmo, Toca puxo tamén en valor que o paro, ao igual que nos últimos meses, volve a baixar en todas as variables: nun -5,7% con respecto ao mes pasado; en todos os sectores de actividade; nas catro provincias; nas 7 grandes cidades; tanto en homes como en mulleres; e en todos os tramos de idade.
Con respecto aos sectores de actividade, o desemprego diminuíu en todos eles, liderando o descenso con respecto a hai un ano a construción nun -16,32%, seguido da industria cun -14,62%.
Toca, ademais, apuntou que o paro rexistrado decrece nas catro provincias galegas tanto con respecto ao mes pasado como en comparación con hai un ano. En termos interanuais baixa na Coruña nun -9,89% seguida de Pontevedra cun -9,66%, de Lugo cun -9,40% e de Ourense cunha baixada do -9,11%.
Salientou, así mesmo, que o número de persoas sen emprego acadou un descenso do -16,30% entre os menores de 30 anos con respecto ao ano pasado.
Toca salientou que estas cifras xunto coas da EPA indican que “temos que seguir traballando para afianzar esta boa evolución e seguir creando emprego estable e de calidade, aínda que estamos no bo camiño”.
Por iso, engadiu que o Goberno galego sigue a traballar a través da Axenda 20 do Emprego, unha planificación coa que está a impulsar o traballo estable e de calidade e coa que pretende a creación de 100.000 novos empregos e reducir a taxa de paro ata o 10 por cento. 
 

PONTEVEDRA

Presentaron un escrito por rexistro asinado por todos os alcaldes populares da provincia 

Alcaldes do PP presentan na Deputación un novo modelo para decidir entre todos os concellos a distribución dos recursos   

Defenden que ante as dúbidas amosadas pola presidenta da institución provincial, son os alcaldes quen mellor coñecen as necesidades dos veciños e das veciñas. 

Plantexan que a presidenta convoque a todos os alcaldes a unha asemblea antes do 15 de setembro 

Cada concello da provincia estaría representado por un voto.  



Infogauda / Pontevedra

 Os alcaldes do Partido Popular presentaron na Deputación de Pontevedra o modelo que consideran máis xusto para distribuír os recursos económicos da institución provincial, e que pasa por crear unha comisión para decidir por maioría as liñas xerais de reparto dos recursos económicos e a cantidade que a institución provincial destina aos concellos. 

 A súa proposta pasa porque a presidenta convoque a todos os alcaldes a unha asemblea no Pazo Provincial antes do 15 de setembro, baixo o criterio de un concello un voto, para nomear a comisión que decida por maioría tanto a cantidade como a distribución dos recursos económicos.  

 Os alcaldes populares sinalan que saben da importancia da Deputación e queren que sexa útil, polo que na súa proposta busca un modelo máis distributivo, pero sobre todo máis solidario. Nesta liña, recordan que a razón de ser das Deputacións é servir de apoio aos pequenos e medianos concellos e diminuír as desigualdades de oportunidades entre o urbano e o rural.  

 No escrito, presentado por rexistro e asinado por todos os alcaldes populares na provincia, explican que ante as dúbidas amosadas nas últimas semanas pola presidenta e o seu grupo de goberno sobre como xestionar os recursos económicos da Deputación de Pontevedra, son os alcaldes quen mellor coñecen as necesidades dos veciños e das veciñas de cada municipio, pero tamén as posibilidades reais e a trascendencia que a institución provincial ten para ofrecer solucións. 

 Por iso consideran que neste novo modelo os alcaldes xogan un papel fundamental, xa que serán os concellos os que van decidir e pactar como se distribúen os recursos económicos na provincia. Critican que non é tolerable que dos 150 millóns de orzamento que ten a Deputación, aos pequenos e medianos concellos só cheguen 40. Ademais de quedarse moitos millóns no camiño, critican que tamén se perderon moitos dos servizos que se prestaban aos veciños, e que a día de hoxe a Deputación non está ao lado do deporte base, das asociacións culturais, dos colectivos veciñais, das entidades sociais,…  

 Están convencidos de que os alcaldes doutras formacións políticas tamén apoiarán este novo modelo, porque non é en beneficio dos partidos políticos, senón a favor dos veciños e dos servizos que se lle prestan. Por iso piden que a presidenta se deixe de mensaxes triunfalistas e insisten en que o plan proposto polo bipartito  non convence nin aos alcaldes do Partido Popular como tampouco a rexedores doutras formacións. Consideran que foi precipitado e improvisado, polo que agora é momento de que todas as partes, Deputación e concellos, traballen de xeito conxunto.   

 Nesta liña, os alcaldes populares convidan á presidenta a que se de verdade ten unha vontade dialogante como presume os reúna a todos e se sente cos alcaldes da provincia para decidir en igualdade de condicións o reparto dos recursos económicos.

CONTIDO DO ESCRITO PRESENTADO POLOS ALCALDES POPULARES
 Os abaixo asinantes, alcaldes de municipios da provincia da provincia, ante a Presidenta da Deputación de Pontevedra expoñemos:  

 Que ante a falta de iniciativas da Deputación e as dúbidas amosadas pola presidenta e o seu grupo de goberno, sobre como xestionar os recursos económicos da Institución, os alcaldes e alcaldesas coñecedores das necesidades reais e das posibilidades que a institución provincial ten para ofrecer solucións, trasladámoslle unha proposta construtiva de como xestionar os recursos económicos da Deputación: 

 Que a totalidade dos concellos da provincia, reunidos en asemblea baixo o criterio de un concello un voto, nomeemos unha comisión para decidir por maioría as liñas xerais de distribución dos recursos económicos e a cuantía que a Deputación destina aos concellos.  

 Que dita asemblea se convoque na sede da Deputación de Pontevedra antes do 15 de setembro.  

 Quedando a espera das súas noticias, reciba un saúdo.    

 Pontevedra, 29 de xullo de 2016.  

 Asinan esta proposta  

Ramiro Varela, alcalde da Agolada; Horacio Gil, alcalde de Arbo;  Ángel Rodal, alcalde de Baiona; Julio Sayans, alcalde de Campo Lameiro; Miguel Domínguez, alcalde da Cañiza; José Balseiros, alcalde de Cerdedo; Jorge Cubela, alcalde de Cotobade; Juan Pablo Castillo, alcalde de Covelo; Julio García Luengo, alcalde de Crecente; José López, alcalde da Estrada; Belén Cachafeiro, alcaldesa de Forcarei; Jorge Canda, alcalde da Lama; María Ramallo, alcaldesa de Marín; Lourdes Ucha, alcaldesa de Meaño; Jose Luis Pérez, alcalde de Meis; Jose A. Lorenzo, alcalde de Mondariz Balneario; Luisa Piñeiro, alcaldesa de Moraña; Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; Cristina Correa, alcaldesa de Oia: Andrés Iglesias, alcalde de Pazos de Borbén; Juan Manuel Vidal, alcalde de Pontecesures; Víctor Estévez, alcalde de Portas; Javier Bas, alcalde de Redondela; Concepción Somoza, alcaldesa en funcións de Rodeiro; Jesús María Fernández, alcalde do Rosal; Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra; Agustín Reguera, alcalde de Soutomaior; Jose María Bello, alcalde de Valga; Jesús Otero, alcalde de Vila de Cruces; e Gonzalo Durán, alcalde de Vilanova de Arousa.

ARCOS DE VALDEVEZ (PORTUGAL)

Arcos de Valdevez volta a receber o Festival o Mundo a Dançar

Hoje dia 3 de Agosto, pelas 22h00, ao anfiteatro do Trasladário em Arcos de Valdevez, numa parceria com a Câmara Municipal


Infogauda / Arcos de Valdevez

 O Festival Internacional de Danças Folclóricas “FOLKMONÇÃO”, reconhecido pelo C.I.O.F.F. (Conselho Internacional das Organizações de Festivais de Folclore e de artes tradicionais, estatuto B da UNESCO) em Novembro de 2006, C.I.D. (Conselho Internacional de Dança) em 2005, I.O.V. (Organização Internacional das Artes Populares) em 2004, regressa hoje dia 3 de Agosto, pelas 22h00, ao anfiteatro do Trasladário em Arcos de Valdevez, numa parceria com a Câmara Municipal. 

 A 31ª edição traz a terras arcuenses 4 grupos vindos da Chechénia Colômbia, Filipinas e África do Sul. 

 Da Chechénia vem a formação STATE FOLK DANCE GROUP “VAINAKH” da cidade de Gudermes; de Bogotá,  Colômbia, vem o BALLET FOLKLORICO NACIONAL JAIME OROZCO; das Filipinas, da cidade de Vancouver, vem o grupo KABABAYANG PILIPINO CULTURAL PERFORMING ARTS GROUP, e da Africa do Sul chega a formação DEMBBA NJILO FOUNDATION.  

 As interpretações certamente espelharão as características do Folclore de cada país de origem e, cada uma à sua maneira, proporcionará momentos de grande beleza e profissionalismo tanto pelas vestimentas e adereços usados pelos bailarinos como pelas performances realizadas.