2 de ago. de 2016

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS QUER LEVAR A BO TERMO UN PROXECTO MOI AMBICIOSO NO MONTE SANTA TREGA

José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Camposancos: "Consiste en deforestar todo o entorno inferior de Chans ata A Sangriña, e de ahí ata o Aloque. Esta zona agora mesmo está invadida de unha selva impenetrable de acacias e algún eucalipto. Unha vez deforestada se abonará con os restos das algas tratadas pola empresa CEAMSA (...)"



José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Camposancos 
Foto: Infogauda

Infogauda / Camposancos

 Este mércores día 3 de agosto, ás 9:00 horas, no parque de Chans, virán ata o Monte Santa Trega, representantes da empresa Compañía Española de Algas Marinas, S.A. (CEAMSA) e de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia, para decidir in situ sobre un proxecto no cal ven traballando a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, e que precisa do permiso de Medio Ambiente así como tamén o de Patrimonio.  

 Segundo afirmou este xornal dixital, José Fernando Martínez Martínez, presidente da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Camposancos "o proxecto e moi ambicioso e pensamos que moi bo para o monte. Consiste en deforestar todo o entorno inferior de Chans ata A Sangriña, e de ahí ata o Aloque. Esta zona agora mesmo está invadida de unha selva impenetrable de acacias e algún eucalipto. Unha vez deforestada se abonará con os restos das algas tratadas pola empresa CEAMSA, Estas veñen misturadas con perlita. Se labrará a terra e se sementará con herba, polo que o terreo quedará feito unha pradeira na que logo se poderán plantar arbores. Tamén se fará esta actuación entre as árbores xa plantadas. A empresa CEAMSA correrá con todos os gastos. 

 O custe por hectárea é de 20.000 € é a devandita empresa está disposta a prepararnos toda a superficie que lle poñamos a dispor, sempre que Medio Ambiente de o visto bó. Patrimonio xa nos deu o seu consentimento, supeditado a que Medio Ambiente tamén o de".   

Ningún comentario:

Publicar un comentario