NUTRICHEF CHEGA A OIA
TALLER DE COCIÑA E DE EDUCACIÓN NUTRICIONAL
Infogauda / Oia
Dirixido a nenas/os de 6 a 12 anos de idade, chega a Oia o Taller teórico/práctico Nutrichef, que está organizado e será impartido por Adrián Martins, Gastronomía e Nutrición, coa colaboura do Concello de Oia.
En cada sesión, os participantes desenvolverán un menú e equilibrado, recibirán explicacións do prato e súa repercusión nutricional, serán aleccionados para que teñan interese por unha alimentación equilibrada e coñecerán técnicas culinarias.
Nesta 1ª convocatoria, o taller desenvolverase na Casa Cultural de Viladesuso, os días 16, 17 e 18 de agosto, de 11:00 a 13:00 horas.
O prezo por persoa é de 20 euros.
As prazas son limitadas.
Para inscribirse hai que dirixirse o Concello de Oia. Para máis información ás persoas interesadas poden chamar o teléfono: 639 329 493.
Ningún comentario:
Publicar un comentario