RECANTO DA ARTE
JOAQUÍN GARCÍA PORTELA
“COSTIÑA”: UN GRAN RETRATISTA
Nos retratos feitos por “Costiña”, hai oficio e sobor de todo, autenticidade. Esas facianas de mulleres e de homes, do agro e do mar, e mesmo da vila, amosan a dignidade personal de cada un dos retratados, exentos a meirande parte das veces, de todo o accesorio
A Casa dos Alonso, na Praza do Reló, acolle a exposición Camiños da imaxe. Arquivo de Joaquín García Portela “Costiña”
Foto: Ricardo Rodríguez Vicente
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Foto: Ricardo Rodríguez Vicente
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
A planta baixa da Casa dos Alonso, sita na
Praza do Reló, da vila de A Guarda, acolle desde o pasado día 22 de xullo ata o
vindeiro día 15 deste mes de agosto, a exposición Camiños da imaxe. Arquivo de Joaquín García Portela “Costiña”, comisariada por Proxecto Socheo, coa intervención moi directa de Xurxo Chirro e Beli Martínez. Trátase dunha producción do Concello de A Guarda, coa colaboura da Deputación de Pontevedra, na que se amosan fondos provintes do arquivo de Joaquina e Celia Martínez García, así como material prestado por Consuelo García Ferreira, Ignacio Benedeti Corzo, Antonio Martínez Vicente e Asociación InfoMAXE.
Da dixitalización do arquivo ocupouse Félix Carpio, e do asesoramento Raquel Álvarez, Tamara de la Fuente, Marta Moreiras e Manuel Sendón.
A impresión estivo o coidado de Zclick e da montaxe Solución ARTE.
Tamén colabouraron María Marco, Marcos Gesteiro, Beatriz Lema, Ignacio Benedeti Corzo, José María Rodríguez Armada, CGAI, Deputación de Pontevedra, Consellería de Educación e Cultura, AGADIC e Asociación InfoMAXE.
Como ven se indica o visitante no programa de mán dispoñíbel na sala, “esta exposición é para vela devagar, sen présas, vendo e volvendo a ver as imaxes para que elas mesmas nos falen da súa natureza e os seus contidos. É un convite para escudriñar coa mirada os seus detalles para investigalas dunha maneira minuciosa. Esta exposición é unha porta directa ao noso legado patrimonial para exhortar a nosa identidade como pobo. O tempo suspéndese, todo fica parado, en silencio (...).”
Da dixitalización do arquivo ocupouse Félix Carpio, e do asesoramento Raquel Álvarez, Tamara de la Fuente, Marta Moreiras e Manuel Sendón.
A impresión estivo o coidado de Zclick e da montaxe Solución ARTE.
Tamén colabouraron María Marco, Marcos Gesteiro, Beatriz Lema, Ignacio Benedeti Corzo, José María Rodríguez Armada, CGAI, Deputación de Pontevedra, Consellería de Educación e Cultura, AGADIC e Asociación InfoMAXE.
Como ven se indica o visitante no programa de mán dispoñíbel na sala, “esta exposición é para vela devagar, sen présas, vendo e volvendo a ver as imaxes para que elas mesmas nos falen da súa natureza e os seus contidos. É un convite para escudriñar coa mirada os seus detalles para investigalas dunha maneira minuciosa. Esta exposición é unha porta directa ao noso legado patrimonial para exhortar a nosa identidade como pobo. O tempo suspéndese, todo fica parado, en silencio (...).”
A cámara de estudo - no centro da imaxe - e o proxector de cinema, pódense ollar na exposición
Foto: Ricardo Rodríguez Vicente
Joaquín
García Portela, fillo de José Bernardo e de Florinda, naturais de A Guarda e de
Salcidos, respectivamente, naceu o día 18 de febreiro de 1894, na vivenda
familiar sita en Solanas nº 25, de A Guarda. Joaquín, que era o primoxénito dos
dous fillos que tivo o matrimonio, cursou súas primeiras letras na escola do
gratamente relembrado mestre D. Manuel Rodríguez Sinde; tamén foi moi coñecido
polo sobrenome “Costiña”, que herdou de seu padrastro, xa que súa nai casou en
segundas nupcias, con un portugués alcumado Costinha, que faceleu traballando
no Colexio dos Xesuítas, da Pasaxe (Camposancos).
Joaquín García Portela casou con súa curmá Florinda Manuela Ferreira Portela, e tiveron tres fillos:
Celia, Consuelo e José.
"Costiña" traballou de mecánico e de latoeiro. Emigrou a
Buenos Aires (Arxentina). Home de inquedanzas culturais e técnicas, o seu
retorno instalouse como fotógrafo profisional na súa vivenda estudo preto de
Laxe Grande, o tempo que desempeñou súa labor como chofer do indiano D. Manuel Otero
Lomba “O Potiño” e súa esposa Dª Joaquina Juana Sobrino Alonso. Tamén
montou e reparou aparellos de radio de galena, e traballou como operador de
cabina no Cine-Teatro “Avenida”, de A Guarda.
Joaquín García Portela "Costiña", na cabina de proxeccións do Cine-Teatro "Avenida"
Foto: Arquivo familiar
De formación autodidacta, Joaquín era unha persoa
culta, que debido a súas ocupacions profisionais, e polo vencello de parentesco con Vicente Vicente, fillo de Vicente Vicente Táboas - propietario da imprenta onde se editaba o semanario "La Voz del Tecla" -, estaba o día nas novidades
que ían saíndo. De tal xeito, que a mediados da década dos anos 20 do pasado
século XX merca unha cámara de cinema de 9,5 mm. e un proxector, fabricados por
Pathé Fréres. Entre os anos 1926 e 1929, fai filmes nos que as protagonistas
principais son súas fillas Celia e Consuelo García Ferreira. Tamén decide
gravar esceas que hoxendía teñen un importante interese etnográfico, nas que figuran argaceiras,
redeiras, pescadores,..., así como O Balueiro, a Casa de Baños, os muños de
vento da Guía e da Cruzada, unha procesión da Virxe da Guía en Ribavadila, unha
romaría no Monte Santa Trega e algúns dos primeiros automóveis que subiron pola súa
sinuosa estrada, ..., que polo de agora constitúen as primeiras imaxes en
movimento do pobo de A Guarda, feitas por un autor guardés.
A finais da década dos anos 40, Joaquín García Portela
trasladou seu estudo fotográfico a vivenda sinalada co nº 45 da rúa Concepción
Arenal, onde tivo seu domicilio familiar e onde exerceu como fotógrafo de
estudo ata seu falecemento en xullo de 1957.
Joaquín García destacou entre os fotógrafos guardeses
pola súa constante procura de novos camiños da imaxe. Nunha época de limitadas
posibilidades crematísticas, e mesmo pola notoria condición periférica de A
Guarda, foi pioneiro na incorporación da cor nas imaxes fotográficas e como
antes salientamos, precursor do cinema.
A descoberta dos seus filmes logo de varios anos de
haberse extraviado, motivou que Joaquina e Celia Martínez García, netas de
Joaquín, contactasen con Xurxo González Rodríguez (Xurxo Chirro) e Beli
Martínez, activos compoñentes de Proxecto Socheo, para ver á posibilidade de
dixitalizar o contido das películas de “Costiña”. Unha vez conquerido ese reto, o seguinte paso era dar á coñecer seu contido, e dese xeito pór en valor ese
tesouro cultural e render unha homenaxe a Joaquín García Portela. Compre
salientar que a acollida dispensada polo Concello de A Guarda a esa proposta fixo
posíbel que nestes días todos poidamos disfroitar con unha
mostra non soio fotográfica, de grande interese, senón coas primeiras imaxes
cinematográficas de A Guarda, feitas por un autor guardés, das que se ten
constancia deica agora.
Ademais, compre salientar que nesta exposición
logrouse reunir documentación persoal de Joaquín García Portela, así como
imaxes del e da súa familia, dous cadros – un Cristo xacente e un autorretrato -
da súa autoría, pintados ao óleo, súa cámara fotográfica de estudo, seu
proxector de cinema, a primeira referencia bibliografíca sobor dese
fotógrafo,..., entre outras pezas que se amosan o respectable público.
Nesta exposición queda de manifesto á mestría de
Joaquín García Portela como retratista. A pesares das innumerables limitacións,
propias da época que lle tocou viver, el logrou reflectir nas súas fotografías
moito máis que imaxes de persoas que se achegaron ata seu estudo para ser
fotografadas. Logrou inmortalizar, non soio á semellanza entre a imaxe final co
suxeto fotografado, senón súas expresions máis auténticas, con olladas que non
deixan indiferente a quen se deteña diante delas a observa-las con devagar.
Nos retratos feitos por “Costiña”, hai oficio e sobor
de todo, autenticidade. Esas facianas de mulleres e de homes, do agro e do mar, e mesmo da vila, amosan a dignidade
personal de cada un dos retratados, exentos a meirande parte das veces, de todo
o accesorio. Os resultados son uns magníficos retratos que reflicten a
profisionalidade do seu autor: Joaquín García Portela “Costiña”. Un fotógrafo
sensíbel, innovador, adiantado o seu tempo, que traballou profisionalmente no
ámeto fotográfico, compatibilizando como antes dixemos, esa labor con outras
actividades laborais, o que demostra claramente que era unha persoa afanosa, o
cal non quer decir que fose unha persoa interesada crematísticamente falando,
pois exemplos hainos dabondo que acreditan todo o contrario.
Relembramos que na exposición Camiños imaxe. Arquivo de Joaquín García Portela “Costiña” pódese
ademirar unha mostra de retratos ampliados, así como un álbum dixital con máis
de 400 imaxes, e por suposto, na sala de proxeccions, as películas de
“Costiña”.
Veñen ahi días grandes,
de festa e de tempo libre para compartir coa familia e cos amigos. Oportunidade óptima para que guardeses e visitantes nos acheguemos a esta exposición, porque con toda probabilidade, o tempo que lle
dediquemos á súa contemplación resultarános moi gratificante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario