2 de feb. de 2016
DEPORTES
Publicado por
Infogauda
ás
23:40
0
comentarios
((•)) Escucha este post
VIGO
Infogauda / Vigo
Figueroa, activista polos dereitos dos enfermos de cancro, quere achegar a profesores, pais e alumnos a realidade do cancro desde a súa propia experiencia como enferma. Os aspectos psicolóxicos dos enfermos de cancro e a súa familia, teñen que ser abordados por profesionais como os psicooncólogos.
O cancro segue sendo unha enfermidade que xera moitos medos e incertezas entre as persoas que rodean ao enfermo. Falar de cancro non é nada fácil, e moito menos cando tes que darlle a coñecer esta palabra a uns nenos.
Beatriz recibiu miles de testemuños de enfermos de cancro desde que en maio do 2013 denunciou publicamente a desprotección económica, social e laboral que sofren. E se hai algo no que todos coinciden, é no doloroso recordo de cando tiveron que dicirlle á súa familia e amigos que tiñan cancro. O que máis preocupa a un enfermo e á súa familia é a reacción ante o cancro dos fillos pequenos ou adolescentes.
Ana e Sara, muller e filla de 10 anos de Javier Branco, de Barcelona, gravaron un vídeo para contar como foi ese difícil momento. Susana, desde Avilés, ha envíado unha carta relatando como lle dixo ao seu fillo Borja, de seis anos en 2011, que ela tiña un cancro de mama. Un ano máis tarde, o marido de Susana e pai de Borja, foi diagnosticado tamén de cancro.
Alba tiña 11 anos cando escribiu un relato para o colexio sobre a enfermidade da súa nai. A lucense Ana Martínez, que lle foi diagnósticado un cancro de mama bilateral aos 42 anos, fíxonos chegar o seu propio relato. Cóntanos como a súa filla Alba e o seu fillo menor Manuel, enfrontáronse á enfermidade da súa nai. Beatriz virá desde Baiona, onde vive co seu marido e fillo pequeno Rodrigo, para darnos o seu testemuño. Fai tres anos, con 45 anos, ingresou por urxencias e o seu diagnóstico foi leucemia aguda.
E tamén falará Mónica, de Vigo e compañeira de colexio de Beatriz Figueroa, no que estudaban os seus outras 4 irmás. Nai e profesora, en xuño do 2013 perdeu á pequena das súas irmás, Gemma, a consecuencia dun cancro. Gemma, que coincidiu con Beatriz nalgunha sesión de quimioterapia, era tamén nai e profesora.
CHARLA: "Cancro, lección de vida"
ORGANIZA: Foanpas
DÍA: Mércores 3 de febreiro
HORA: 18:00 h.
LUGAR: Salón de actos do Instituto Municipal de Educación.
Camiño do Chouzo, nº 2 (Vigo)
Publicado por
Infogauda
ás
23:40
0
comentarios
((•)) Escucha este post
CULTURA
Publicado por
Infogauda
ás
23:40
0
comentarios
((•)) Escucha este post
O ROSAL
GALERÍA DE IMAXES
Publicado por
Infogauda
ás
23:39
0
comentarios
((•)) Escucha este post
GALICIA
Publicado por
Infogauda
ás
23:39
0
comentarios
((•)) Escucha este post
CULTURA
Publicado por
Infogauda
ás
23:33
0
comentarios
((•)) Escucha este post
CULTURA
Publicado por
Infogauda
ás
23:27
0
comentarios
((•)) Escucha este post
GALICIA
Publicado por
Infogauda
ás
23:21
0
comentarios
((•)) Escucha este post
A GUARDA
Publicado por
Infogauda
ás
15:30
0
comentarios
((•)) Escucha este post
TUI
Publicado por
Infogauda
ás
15:30
0
comentarios
((•)) Escucha este post
PONTEVEDRA
Publicado por
Infogauda
ás
15:29
0
comentarios
((•)) Escucha este post
A GUARDA
Rebeca Blanco Rotea: “(...) O concello de A Guarda encargounos a min e a o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, o deseño e a elaboración dos contidos da exposición permanente que albergará o Centro de Interpretación do Forte de Santa Cruz (...)”
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Logo dos importantes investimentos feitos tanto pola Xunta de Galicia, como polo Ministerio de Fomento e o Concello de A Guarda, e das correspondentes demoras, todo indica que o Centro de Interpretación das Fortalezas Transfronteirizas, que estará ubicado na Fortaleza de Santa Cruz, no municipio de A Guarda, será unha realidade a curto prazo. Desta vai. Ou iso é, o que se prevé e que todos desexamos.
Para coñecer máis sobor dos traballos máis inmediatos, falamos con Rebeca Blanco Rotea, licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, especialista en Arqueoloxía e Historia da Antigüidade, que destaca pola súa ampla labor investigadora desenvolvida nos últimos anos. Ela estivo presente na apertura o público da Fortaleza de Santa Cruz, e interviu como experta nas fortalezas miñotas. Asemade, por invitación do Concello de A Guarda ofreceu no The Celtic Harp, unha interesante conferencia titulada “O Castelo de Sta. Cruz na paisaxe fortificada transfronteiriza do Baixo Miño”.
Rebeca Blanco Rotea, é sin lugar á dúbidas, unha autoridade en materia de fortalezas miñotas. Con ela - a quen lle agredecemos públicamente súa deferencia connosco - mantivemos á seguinte entrevista:
Cómo vai o traballo previo á apertura do Centro de Interpretación das Fortalezas?
- Actualmente o concello de A Guarda encargounos a min e a o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, o deseño e a elaboración dos contidos da exposición permanente que albergará o Centro de Interpretación do Forte de Santa Cruz que, como sabes, ocupará un edificio rehabilitado no interior da fortificación.
Cales son os obxectivos desa infraestructura cultural?
Publicado por
Infogauda
ás
00:09
0
comentarios
((•)) Escucha este post
A GUARDA
Publicado por
Infogauda
ás
00:04
0
comentarios
((•)) Escucha este post
A GUARDA
Publicado por
Infogauda
ás
00:04
0
comentarios
((•)) Escucha este post





