2 de feb. de 2016

A GUARDA

Inauguración da mostra “Auga Salgada” de Manuel Chapela  

Os óleos estarán expostos no Centro Cultural dende o 4 ata o 24 de febreiro 


Infogauda / A Guarda

 Este xoves, día 4 de febreiro, ás 19,30 horas, no Centro Cultural de A Guarda, inaugúrase a mostra “Auga Salgada” do pintor moañés Manuel Chapela. 

 Durante o mes de febreiro a Sala de Exposicións do Centro Cultural amosará unha mostra de vinte óleos con temática mariña. Ondas, rompentes, treboadas, barcos, chalanas, lembranzas do Atlántico e incluso Terras de Outono, conforman a proposta deste artista autodidacta. 

 As súas pinturas xa visitaron, con gran éxito, as principais salas de exposición de cidades coma Vigo, Pontevedra, Moaña, Marín, Tui e Cangas.   

 O horario de apertura da exposición será de luns a venres en horario de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas. Os sábados só en horario de mañá.

Ningún comentario:

Publicar un comentario