BEATRIZ FIGUEROA OFRECERÁ UNHA CHARLA FALARÁ SOBRE O CANCRO
Será este mércores día 3 de febreiro, ás 18:00 horas, no salón de actos do IME
Infogauda / Vigo
Con motivo do Día Internacional do Cancro, a Federación Olívica de Asociacións de Pais de Alumnos (Foanpas) convidou a Beatriz Figueroa a dar unha charla para a comunidade educativa, e aberta ao público en xeral.
Figueroa, activista polos dereitos dos enfermos de cancro, quere achegar a profesores, pais e alumnos a realidade do cancro desde a súa propia experiencia como enferma. Os aspectos psicolóxicos dos enfermos de cancro e a súa familia, teñen que ser abordados por profesionais como os psicooncólogos.
O cancro segue sendo unha enfermidade que xera moitos medos e incertezas entre as persoas que rodean ao enfermo. Falar de cancro non é nada fácil, e moito menos cando tes que darlle a coñecer esta palabra a uns nenos.
Beatriz recibiu miles de testemuños de enfermos de cancro desde que en maio do 2013 denunciou publicamente a desprotección económica, social e laboral que sofren. E se hai algo no que todos coinciden, é no doloroso recordo de cando tiveron que dicirlle á súa familia e amigos que tiñan cancro. O que máis preocupa a un enfermo e á súa familia é a reacción ante o cancro dos fillos pequenos ou adolescentes.
Ana e Sara, muller e filla de 10 anos de Javier Branco, de Barcelona, gravaron un vídeo para contar como foi ese difícil momento. Susana, desde Avilés, ha envíado unha carta relatando como lle dixo ao seu fillo Borja, de seis anos en 2011, que ela tiña un cancro de mama. Un ano máis tarde, o marido de Susana e pai de Borja, foi diagnosticado tamén de cancro.
Alba tiña 11 anos cando escribiu un relato para o colexio sobre a enfermidade da súa nai. A lucense Ana Martínez, que lle foi diagnósticado un cancro de mama bilateral aos 42 anos, fíxonos chegar o seu propio relato. Cóntanos como a súa filla Alba e o seu fillo menor Manuel, enfrontáronse á enfermidade da súa nai. Beatriz virá desde Baiona, onde vive co seu marido e fillo pequeno Rodrigo, para darnos o seu testemuño. Fai tres anos, con 45 anos, ingresou por urxencias e o seu diagnóstico foi leucemia aguda.
E tamén falará Mónica, de Vigo e compañeira de colexio de Beatriz Figueroa, no que estudaban os seus outras 4 irmás. Nai e profesora, en xuño do 2013 perdeu á pequena das súas irmás, Gemma, a consecuencia dun cancro. Gemma, que coincidiu con Beatriz nalgunha sesión de quimioterapia, era tamén nai e profesora.
CHARLA: "Cancro, lección de vida"
ORGANIZA: Foanpas
DÍA: Mércores 3 de febreiro
HORA: 18:00 h.
LUGAR: Salón de actos do Instituto Municipal de Educación.
Camiño do Chouzo, nº 2 (Vigo)
Ningún comentario:
Publicar un comentario