2 de feb. de 2016

TUI

EDUCACIÓN E CONCELLO DE TUI ACORDAN FIRMAR UN CONVENIO DE COLABORACIÓN PARA MELLORAR VARIOS CENTROS DA LOCALIDADE  


A Consellería reformará a cuberta do CEIP de Rebordáns mentres o concello reasfaltará as pistas exteriores do colexio de Randulfe 

A maiores, ambas administracións traballarán xuntas para cambiar os falsos teitos de Rebordáns e os ventanais do CEIP Número 2  

O xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares - primeiro pola dereita - reunuise esta mañá co tenente alcalde do concello de Tui, Miguel Ángel Capón Rey - primeiro pola esquerda - asinando un convenio de colaboración entre ambas administracións para mellorar diversos centros educativos de Tui

Infogauda / Pontevedra

 O xefe territorial de Cultura e Educación, César Pérez Ares, mantivo esta mañá unha reunión, na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, co tenente alcalde do concello de Tui, Miguel Ángel Capón Rey, na que se acordou firma dun convenio de colaboración entre ambas administracións para mellorar diversos centros educativos da localidade.  

 No encontro estiveron tamén presentes responsables da Unidade Técnica da Xefatura Territorial de Educación, e o equipo directivo e a ANPA do CEIP Rebordáns.  

 Os responsables de ambas administración chegaron ao acordo de poñer en marcha varias medidas para mellorar diversos centros educativos de Tui, contando coa colaboración mutua.  

 Así, a Consellería de Educación interviría na cuberta do CEIP Rebordáns co obxectivo de mellorala ante as deficiencias que presenta, e tendo en conta o informe da Unidade Técnica ao respecto. “Trátase dunha obra que ten prioridade polo que a executaremos nos próximos meses”, explicou o xefe territorial.  

 Pola súa banda, o concello comprométese a executar o reasfaltado das pistas exteriores do colexio de Randulfe así como a redacción dun proxecto para facer viable o comedor do CEIP nº 2.  

 A maiores, ambas administracións colaborarán para poder levar a cabo as obras de reposición dos falsos teitos dos colexio de Rebordáns, así como as fiestras do Nº2, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética deste centro educativo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario