2 de feb. de 2016

DEPORTES

O CAMPUS JOE ARLAUCKAS - TUI VOLTA Á CIDADE DE TUI

O estadounidense Joe Arlauckas, director do Campus i ex xogador da NBA e do Real Madrid, estará entre os días 4 e 9 de xullo de 2016, ambos inclusive, en Tui 



Infogauda / Tui

 O Campus Joe Arlauckas-Tui volverá abrir as súas portas entre os días 4 e 9 de xullo de 2016, ambos inclusive, datas nas que volverá estar en Tui o estadounidense Joe Arlauckas, director do Campus i ex xogador da NBA e do Real Madrid. 

 A organización do Campus conta coa colaboración e asesoramento de Moncho López, ex seleccionador de España, Portugal e Angola, na actualidade é adestrador do FC Porto. 

 Nesta edición volveremos contar con un staff técnico de auténtico luxo, ademais contaremos coa presenza de adestradores de primeiro nivel, así como tamén recibiremos a visita de varios xogadores ACB que departirán as súas experiencias deportivas cos participantes do Campus. 

 O Campus está enfocado para xogadores de baloncesto nacidos entre os anos 1997 e 2004, que buscan unha mellora física e técnica, ao tempo que comparten experiencias e adestramentos con outros xogadores xa profesionais. 

 Polo Campus teñen pasado xogadores que xa debutaron nas ligas ACB, LEB Ouro, LEB Prata, EBA, Liga portuguesa e na NCAA americana. Xogadores que fan que este Campus de baloncesto de Tui sexa un referente nacional e internacional. 

 As inscricións para esta edición 2016 xa están abertas e poden facerse online na seguinte páxina www.campusjoearlauckastui.com onde ademais atoparán toda a información que precisan sobre o Campus.

Ningún comentario:

Publicar un comentario