HOMENAXE A TODAS ÁS MULLERES CON CORAXE
• O sábado, 23 de maio ás 12:00 horas, na rotonda entre a parte posterior do antigo Colexio dos Xesuítas e a Urbanización Río Miño (A Pasaxe)
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
A Asociación para á Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) do Campo de Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás, organiza un acto de homenaxe a todas ás mulleres con coraxe.
A devandita homenaxe - na que colabora o Concello de A Guarda - vai dirixida, como indican desde a ARMH do Campo de Concentración de Camposancos e a Fosa Común de Sestás, “Ás que penaron neste Campo de Concentración, ás que sufriron a represión franquista, ás que pagaron coa súa vida, ás que lle fixeron á vida máis doada aos prisioneiros e ás súas familias, a todas elas o noso recoñecemento e gratitude”.
Ese tributo de agarimo e lembranza - aberto á participación de toda a cidadanía - quedará simbolizada nun tótem cunha placa conmemorativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario