O ENTROIDO GUARDÉS: XENUINO SABOR GALEGO
Os restaurantes de A Guarda ofrecen o típico “Lacón con Grelos” para desfrutar do Entroido
Arruaz, Brisamar, La Pizzicata, Marusía, O Cangrexal, Porto Guardés, The Celtic Harp, Xantar e Xeito ofertan do sábado 6 de febreiro ao martes 9 o menú por 15 euros por persoa
Infogauda / A Guarda
A gastronomía é parte fundamental do entroido galego, por iso, os restaurantes de A Guarda queren unirse á programación da vila ofertando o prato típico destas datas, o lacón con grelos, a prezos populares.
Dende o próximo sábado día 6 de febreiro e ata o martes día 9, ambos inclusive, os restaurantes Arruaz, Brisamar, La Pizzicata, Marusía, O Cangrexal, Porto Guardés, The Celtic Harp, Xantar e Xeito, propoñen un menú de entroido composto por un primeiro prato de caldo, un segundo de lacón con grelos e unha sobremesa na que se escollerá entre filloas ou orellas.
O prezo por persoa é de 15 euros, e está incluído viño e café.
Os veciños do municipio, e tamén os visitantes, poderán desfrutar deste menú nos nove restaurantes adheridos, tanto en horario de comida coma de cea.
Desta maneira a hostalería súmase a programación ofertada na vila na que combínase gastronomía, música, tradición, innovación, e por suposto, moita diversión.
O Concello de A Guarda anima a todos os seus veciños e tamén aos visitantes que se acheguen durante estas datas, a vivir o entroido guardés e a participar nas actividades programadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario