2 de feb. de 2016

A GUARDA

A FORTALEZA DE SANTA CRUZ ACOLLERÁ O CENTRO DE INTERPRETACIÓN DAS FORTALEZAS TRANSFRONTEIRIZAS 

Rebeca Blanco Rotea: (...) O concello de A Guarda encargounos a min e a o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, o deseño e a elaboración dos contidos da exposición permanente que albergará o Centro de Interpretación do Forte de Santa Cruz (...)

Rebeca Blanco Rotea desenvolvendo súa labor como especialista no sistema defensivo transfronteirizo


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Logo dos importantes investimentos feitos tanto pola Xunta de Galicia, como polo Ministerio de Fomento e o Concello de A Guarda, e das correspondentes demoras, todo indica que o Centro de Interpretación das Fortalezas Transfronteirizas, que estará ubicado na Fortaleza de Santa Cruz, no municipio de A Guarda, será unha realidade a curto prazo. Desta vai. Ou iso é, o que se prevé e que todos desexamos.

 Para coñecer máis sobor dos traballos máis inmediatos, falamos con Rebeca Blanco Rotea, licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, especialista en Arqueoloxía e Historia da Antigüidade, que destaca pola súa ampla labor investigadora desenvolvida nos últimos anos. Ela estivo presente na apertura o público da Fortaleza de Santa Cruz, e interviu como experta nas fortalezas miñotas. Asemade, por invitación do Concello de A Guarda ofreceu no The Celtic Harp, unha interesante conferencia titulada “O Castelo de Sta. Cruz na paisaxe fortificada transfronteiriza do Baixo Miño”.

 Rebeca Blanco Rotea, é sin lugar á dúbidas, unha autoridade en materia de fortalezas miñotas. Con ela - a quen lle agredecemos públicamente súa deferencia connosco - mantivemos á seguinte entrevista:
 Cómo vai o traballo previo á apertura do Centro de Interpretación das Fortalezas?
 - Actualmente o concello de A Guarda encargounos a min e a o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC, o deseño e a elaboración dos contidos da exposición permanente que albergará o Centro de Interpretación do Forte de Santa Cruz que, como sabes, ocupará un edificio rehabilitado no interior da fortificación. 
Cal é á previsión do contido dese centro e que se lle ofrecerá os visitantes?
 - A idea é dar a coñecer non soamente o propio castelo senón a relación deste co sistema defensivo transfronteirizo que durante a Guerra da Restauração Portuguesa (1640-1668) constrúese no territorio transfronteirizo miñoto, achegando aos veciños e veciñas e ao resto de visitantes, de forma divulgativa, o coñecemento acadado nas últimas décadas por diferentes investigadores e investigadoras sobre este fenómeno.  
Como será á distribución do inmoble que acollerá o Centro de Interpretación das Fortalezas?
- Inicialmente proxéctase adicar a planta baixa a espazo para talleres, sala de conferencias e exposicións temporais e un vídeo divulgativo sobre esta temática, mentres que a primeira planta centrarase na exposición permanente, na que se xogará coa luz.  
 A exposición terá un importante compoñente gráfico e un forte carácter divulgativo e xirará en torno a tres ideas que serán as que se desenvolvan nos paneis expositivos:  

1) O forte de Santa Cruz.  

2) O forte de Santa Cruz no seu entorno.  

3) A relación da fortaleza co sistema defensivo do Baixo Miño en época moderna.  

Cales son os obxectivos desa infraestructura cultural?
 - No primeiro dos fitos discursivos preténdese poñer en valor o forte facendo fincapé na súa evolución histórica, no seu pasado recente e na propia arquitectura defensiva e os aspectos construtivos máis relevantes deste tipo de fortificación.  

 O segundo, busca mostrar a relación da fortificación co seu entorno arqueolóxico, por unha banda, coa evolución dos sistemas defensivos que ao longo da historia materializáronse na vila da Guarda (Idade do Ferro, Idade Media e Idade Moderna), por outra banda, e, finalmente, co papel que desempeñou na defensa do territorio inmediato, que corresponde á desembocadura do río Miño e á fachada Atlántica.  

 O terceiro dos fitos discursivos pretende mostrar a relación deste conxunto defensivo e do propio forte co resto do sistema defensivo transfronteirizo que durante a Guerra da Restauração Portuguesa desenólvese no Baixo Miño / Vale do Minho, de maneira que podamos contribuír a converter o Forte de Santa Cruz nun polo de atración turística para todo o público interesado no fenómeno da fortificación de fronteira e en coñecer os diferentes elementos fortificados que consérvanse neste territorio.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario