A Festiña Campusina: un evento para todas as idades
• O sábado, 17 de maio, na praza de San Amaro (Camposancos)
Infogauda / Camposancos
Camposancos celebrará o sábado, 16 de maio, na praza de San Amaro, unha nova edición da Festiña Campusina.
Ás 11:30h a Charanga Vaya Panda fará un pasacalles para animar á veciñanza á festa que comezará á tarde.
A partir das 16:30h haberá xogos populares para toda a familia, inchables e pintafaces, para que todos e todas poidan divertirse.
Na tardiña, ás 20:00h haberá chouripán e torresmos antes de que comece a actuación do trío Xtra e a realización do sorteo das rifas. Finalmente, ás 00:30h do domingo, comezarán os disc-jóckeys Gario GZ, Pitty, Brokktt e David Correa.


Ningún comentario:
Publicar un comentario