27 de out. de 2016

TOMIÑO

O Concello procederá a arranxar varios camiños municipais dentro do PLAN MARCO: Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016

 O Concello de Tomiño vén de recibir da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), unha subvención de 68.967,78 euros, para o desenvolvemento do proxecto “MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A
 EXPLOTACIÓNS AGRARIAS: CAMIÑO SAN LOURENZO E CAMIÑO TOLLO, en Goián, CAMIÑO LAGO, en Figueiró, e CAMIÑO DE A GÁNDARA, en Barrantes”.
 Como AGADER non subvenciona o IVE (de acordo co disposto nos termos previstos no artigo 13, liña 1 da Directiva  2006/112/CE do Consello), o Concello de Tomiño achegará o importe correspondente a esta taxa.
 Por resolución da Alcaldía, do día 5 de xullo de 2016, aprobouse o expediente de contratación por procedemento negociado sen publicidade previa, con tramitación ordinaria, e invitouse a participar ás seguintes empresas: COVSA, CALDEVERGAZO, SL, NAROM,SL, INNTIS INGENIEROS CONSTRUCTORES, SL e ORESA, SL.
 O 2 de setembro de 2016, adxudicouse a execución do proxecto a CONSTRUCCIÓNES, OBRAS Y VIALES, SA (COVSA),  por ser no seu conxunto, a oferta máis vantaxosa para o interese público, ao obter a mellor puntuación (100 puntos) por importe total de 75.114,25 €.

Antecedentes
 Por resolución do 25 de xaneiro de 2016 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) (RE nº 688 de 3 de febreiro de 2016), aprobouse o Plan Marco: mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, cofinanciado con FEADER ao abeiro do PDR de Galicia 20014-20203, e anunciouse a convocatoria para o período 2014-2015.
  Por Resolución da Alcaldía de 3 de marzo de 2016, acordouse a solicitude de subvención por importe de 68.967,78 euros.
 O 14 de xuño de 2016 tivo entrada co núm. 3.864, no Rexistro Xeral do Concello de Tomiño, a notificación da Resolución de Concesión da Subvención do expediente PM16-0304302A-0083, do proxecto de “MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A EXPLOTACIÓNS AGRARIAS: CAMIÑO SAN LOURENZO E CAMIÑO TOLLO, en Goián, CAMIÑO LAGO, en Figueiró, e CAMIÑO DE A GÁNDARA, en Barrantes” cun orzamento total aceptado de 68.967,78 euros (S/IVE).
Porcentaxe investimento (por organismo cofinanciador)
FEADER: (75,00%)
AGADER: (17,50%)
MARM: (7,50%)
O importe do IVE (21,00 %) é financiado polo Concello de Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario