8 de xul. de 2025

DEPORTES

 ATLETISMO

Álex Sierpes Pereira, do Vicky Foods Athletics, gáñase a praza de preselección directa da Federación Galega de Atletismo Absoluto 

   Para representar a Galicia no Campionato de España Absoluto de Federacións Autonómicas, que se celebrará o 12 de xullo en Ciudad Real 

   O atleta de A Guarda renuncia a participar para centrarse na súa preparación individual


Álex Sierpes Pereira
Foto: Cedida

Redacción Deportes / A Guarda

 Con tan só 16 anos, Álex - o pequeno da familia Sierpes Pereira - esperta o interese da armada galega absoluta, tras ser avaliados os seus grandes resultados nesta excelente tempada que realizou. Entre outros, destaca e chama a atención ese maxestoso 3'45''40 que logrou no Meeting de Nerja, marca que lle deu a oportunidade de defender as cores da máxima selección galega na proba reina do medio fondo: os 1.500 metros lisos. 

 Se apenas hai unhas semanas foille duro a Álex Sierpes renunciar a participar finalmente coa súa respectiva selección Sub18, que representou a Galicia no Campionato de España de Federacións Autonómicas o pasado 21 de xuño de 2025, celebrado en Palafrugell (Xirona), onde quedou a pena de non poder axudar na proba dos 3.000 metros lisos e sumar os máximos puntos posibles para axudar no reconto global final de equipo —onde finalmente acabaron 4º da xeral— foi para dedicarse exclusivamente ao seu apertado calendario individual e centrarse na planificación final para afrontar o Campionato de España Individual Sub18 de Castelló. 

 Agora tócalle volver renunciar a estrearse coa Absoluta tras ser preseleccionado para participar con España na FOJE, e dedicarse exclusivamente á súa preparación para o devandito campionato. 

 Desde aquí, Álex Sierpes Pereira quere pronunciarse e manifestar o seu agradecemento, en especial ao presidente, ao director técnico e a todos os compoñentes da Federación Galega de Ateltismo, pola súa plena confianza e compromiso ao elixilo. Queda moita pena non poder asistir para axudar á selección absoluta e gozar da enorme experiencia, que lle serviría para seguir crecendo na súa formación e aprendizaxe deportivo, ademais de compartir os seus valores con todos eles. 

 "Moita sorte á Selección Galega de Atletismo, e grazas por brindarme esa oportunidade", conclúe Álex Sierpes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario