ATLETISMO
Christian Sierpes Pereira, de A Guarda, subcampión galego nos 3.000 metros obstáculos de pista ao aire libre. na categoría Sub20
Redacción Deportes / A Guarda
A pasada fin de semana, as pistas da USC, situadas en Santiago de Compostela, acolleron o último campionato de pista ao aire libre en categoría individual, que pechaba o calendario de verán.
Na xornada vespertina do sábado, Christian Sierpes Pereira saíu desde un inicio co grupo cabeceiro, mantendo a calma nun ritmo pausado, ata que decidiu poñer terra polo medio a falta de 300 metros, onde meteu un forte cambio de ritmo e aguantou a última parte da carreira en solitario, encarando o último pase do obstáculo da contra recta en primeira posición. Parecía que todo estaba feito e empezaba a saborear a vitoria, pero un forte cambio de ritmo por detrás de Daniel Maneiro Teira, do Club Atletismo O Pino, privoulle de levar o título, cunha axustadísima entrada en liña de meta, onde o santiagués levou o ouro con 10'07''15, e Christian Sierpes, cun crono de 10'07''27 tivo que conformarse co subcampionato de Galicia, colgándose a medalla de prata. Pechou o pódium Matías Regueiro Rial, do Atletismo Ourense, cun rexistro de 10'15''37, logrando o bronce.
Christian Sierpes, novel na categoría júnior, viu escapárselle o ouro na entrada a meta: 12 milésimas foron o que lle privaron de conseguir o título.
Alí mesmo, o irmán maior da saga Sierpes defendeu as cores do Vicky Foods Athletics, equipo de Valladolid, de Isaac Viciosa, coa súa intervención nos 3.000 metros obstáculos.
Toca felicitar aos seus opoñentes tras realizar unha gran carreira táctica, onde a Sierpes escapóuselle o triunfo pero aínda así, executou unha intelixente estratexia.
Moitas felicidades, Christian!
Agora a gozar dunhas merecidas vacacións de verán para empezar con enerxía e afrontar a nova tempada a partir de setembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario