ABERTA A INSCRIPCIÓN PARA A IV CARREIRA POPULAR DE TOMIÑO
Lorena Quinteiro / Tomiño
A Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalaría e Industria de Tomiño (ADETO) organiza, en colaboración co Concello de Tomiño, a IV Carreira Popular de Tomiño que se celebrará o sábado día 9 de xullo a partir das 18:30 horas, polas rúas do centro urbano.
Haberá cinco categorías (pitufo, prebenxamín, benxamín, alevín, cadete, infantil e absoluta).
Poderán participar todas as persoas, federadas e non federadas, tendo que inscribirse on-line a través da páxina web de ADETO, con prazo ata o mércores día 6 de xullo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario