9 de xuño de 2016

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA RECIBE ÁS REPRESENTANTES DAS ALFOMBRAS FLORAIS DO SANTÍSIMO SACRAMENTO  

O alcalde e a concelleira de Turismo, xunto con unha representación das persoas que traballaron na confección das alfombras florais do Santísimo

Infogauda / A Guarda

 O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez recibiron esta mañá, as 10:30 h., no Salón de Plenos do Concello da Guarda, ás veciñas que se encargan de confeccionar as alfombras florais pola Festividade do Santísimo Sacramento.  

Antonio Lomba Baz e Montserrat Magallanes Álvarez, cumplimentaron, en nome do Concello de A Guarda, as representantes das diferentes rúas que amosaron seus tapices florais na conmemoración do Día do Señor.

 Deste xeito as autoridades locais quixeron amosar e deixar constancia do seu agradecemento e recoñecemento da labor que estas mulleres levan facendo, en moitos casos, durante máis de 30 anos por unha das festas máis representativas da Guarda.   

Antonio Lomba Baz dirixíndose as veciñas que acudiron á recepción oficial no Concello de A Guarda

 O alcalde da Guarda salientou o traballo levado a cabo nas celebracións da Festividade do Santísimo deste ano, o pasado 29 de maio. Ante as adversidades meteorolóxicas as veciñas e os veciños tiveron que confeccionar as alfombras florais nun tempo récord. Normalmente comezan a facelas cara a noite do sábado anterior. Non obstante, este ano empezaron despois das 6 da mañá e, grazas ó seu incansable traballo, conseguiron rematalas a tempo para a Procesión do Santísimo.  

 Ademais, tanto dende o Concello como as propias mulleres mostráronse satisfeitas pola labor realizada ata agora e, en especial este ano, pero fan un chamamento para animar á mocidade guardesa a colaborar dende as semanas previas na confección das alfombras e así poder continuar esta tradición coas próximas xeracións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario