A XXVIª FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA DA GUARDA FOI PRESENTADA NA CAPITAL DA PROVINCIA
Nese importante evento festivo - decrarado de Interese Turístico Galego -, que se celebrará no porto de A Guarda, os días 1, 2 e 3 de xullo, ademais de atopar gastronomía da mellor calidade, tamén haberá unha ampla e variada oferta musical e deportiva
Carmela Silva - no centro da imaxe - respaldou á presentación na capital da provincia, da Festa da Langosta e da cociña mariñeira de A Guarda
Fotos: C.A.G.
Infogauda / Redacción
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e as concelleiras de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, e de Cultura, Elena Baz Rodríguez, acudiron este venres día 17 de xuño ao Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas en Pontevedra, para presentar unha nova edición da Festa da Langosta da Guarda e da cociña mariñeira.
A concelleira de Turismo e deputada provincial de Emprego, Montserrat Magallanes Álvarez, na súa intervención
A delegación guardesa foi recibida pola presidenta da Deputación, Carmela Silva, e pola deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rosa Rivas Gómez, nun acto adicado á ensalzar a festa máis representativa da gastronomía da Guarda, recoñecida tamén en toda a xeografía galega e norte de Portugal.
Na presentación, o alcalde Antonio Lomba Baz salientou os moitos motivos para visitar A Guarda
O alcalde da Guarda convidou a todos os que o desexen a asistir á Festa da Langosta e da cociña mariñeira que se celebra na Guarda os días 1, 2 e 3 de xullo na que, ademais de atopar gastronomía da mellor calidade, tamén terán unha ampla e variada oferta musical e deportiva coa celebración, por exemplo, da Travesía a Nado do Porto da Guarda.
Durante esta presentación a presidenta da Deputación, boa coñecedora da Guarda e da vida e gastronomía da localidade, deu fe do bo facer e do bo produto do lugar, e o mesmo tempo quixo destacar a calidade das súas xentes e convidar a todos os pontevedreses, e persoas vidas de toda Galicia e de Portugal, e mesmo de outras procedencias, a chegarse a un lugar, cunha paisaxe e vida sociocultural única. Sen esquecer as delicias culinarias que poderán degustar.
Na imaxe algunhas das suxerencias gastronómicas que se poderán disfroitar na Festa da Langosta e da cociña mariñeira de A Guarda
Para demostrar isto o acto contou con Flor Mª Rosario Belliard, propietaria do Restaurante Cangrexal, que colabora na Festa da Langosta, e con Lázaro Moreno, xerente da bodega Valtea, encargados de amosar aos presentes unha pequena mostra do que se poderán atopar a primeira fin de semana de xullo na Guarda.
A presidenta da Deputación de Pontevedra afirmou que ela estará na vila de A Guarda, os días 1, 2 e 3 de xullo para compartir ese evento con tódolos guardeses e visitantes
Para rematar o distendido acto, a presidenta da Deputación, ademais de alabar a iniciativa do consistorio guardés tamén subliñou, entre bromas, que aínda que non recibira invitación formal podían estar seguros de que ela estaría os días 1, 2 e 3 de xullo na Guarda para desfrutar do lugar e da xente e para degustar os produtos da XXVIª edición da Festa da Langosta e da cociña mariñeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario