CULTURA
O FÚTBOL NON PUIDO CO CANTO POPULAR
“Cantares do Brueiro” e Tino Baz fixeron pequena a planta baixa da Casa dos Alonso
“Cantares do Brueiro” e Tino Baz fixeron pequena a planta baixa da Casa dos Alonso
“Cantares do Brueiro” e Tino Baz fixeron pequena a planta baixa da Casa dos Alonso
Fotos: José Carlos Castro Martínez
José Carlos Castro Martínez / A Guarda
Nunha sala abarrotada na Casa dos Alonso, tivo lugar na tardiña de onte, un concerto fruto do Obradoiro de canto popular “Cantares do Brueiro”, dirixido polo noso cantautor Tino Baz.
Se as tradicións populares son a esencia da nosa cultura, os cantares son os que fan perdurar no tempo a nosa seña de identidade: a nosa lingua.
Tino Baz, o noso cantautor
Tino Baz contribúe unha vez máis a dar continuidade a esa tradición con este traballo.
Non hai que esquecer nunca que somos o que somos porque fomos como fomos.
A imaxe reflicte o interese do respectable público por este tipo de eventos culturais
Os cantos populares son moito mais que armoniosas cantigas, son a expresión do sentir do noso pobo. As emocións, os sentimentos, o amor, o duro traballo dos mariñeiros, a importancia das pequenas cousas, a morriña,..., sempre están presentes nas verbas dos cantos populares.
É unha mágoa que o lugar da actuación non fora axeitado, pois os das filas do final quedamos sen enterarnos das verbas de Tino cando explicaba as diferentes partes da obra, que de seguro foron amenas e interesantes.
Queremos máis, Tino.
Ningún comentario:
Publicar un comentario