9 de xuño de 2016

VIGO

MOVEMENTOS SOCIAIS

CONCENTRACIÓN A PROL DE CARLOS E SERAFÍN

Será hoxe xoves diante do Marco de Vigo ás 20.00 horas


Iván G. Riobó / Vigo

 Esta tarde terá lugar un novo acto de solidariedade con Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores condenados a tres anos de prisión por participar nunha folga. 

 A concentración para reclamarlle ao Goberno central que lles conceda o indulto que impida a súa entrada na cadea será hoxe xoves diante do Marco de Vigo ás 20.00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario