11 de xuño de 2016

A GUARDA

PECHE DA PROGRAMACIÓN DE CONTACONTOS CO ESPECTÁCULO “LOBO BOBO”

Este sábado día 11 de xuño ás 11:30 h., no Salón de Actos da Biblioteca, terá lugar a representación do espectáculo “Lobo Bobo”



 Infogauda / A Guarda

 Dende que dera comezo o pasado mes de outubro, a programación de Contacontos promovida dende o Concello da Guarda leva realizado unha vez ao mes na Biblioteca Municipal unha lectura de contos e unha actividade complementaria. 

 Ante a proximidade da época estival e para rematar esta tempada, nesta ocasión terá lugar a representación do espectáculo “Lobo Bobo” o sábado día 11 de xuño ás 11:30 h., no Salón de Actos da Biblioteca. 

 O espectáculo, que porá o broche final á tempada, consiste na teatralización de contos a cargo da compañía Elefante Elegante. Nesta actuación dirixida a nenos e nenas de  3 a 7 anos, Gonçalo Guerreiro mestura os contos de toda a vida coa poesía, a música e o humor que se unen para dar un resultado único. Trátase dun espectáculo interactivo que seguro fará as delicias de toda a familia. 

 Dende o concello da Guarda convídase a todos os veciños a asistir ao espectáculo e desfrutar do peche da programación de contacontos na vila.

Ningún comentario:

Publicar un comentario