DEPORTES
A GUARDA HOCKEY LIÑA PECHA A CAMPAÑA ACADANDO AS FINAIS NAS TRES CATEGORÍAS
Miguel Fernández Lomba / A Guarda
Esta fin de semana o equipo local A Guarda Hockey Liña xogará a Final a catro das Ligas Galegas de Hockey Liña masculina e feminina e as semifinais da Copa Federación Infantil.
No pavillón Daniel Cordido, de Lugo e durante a tarde do sabado once de xuño disputaranse as finais da Copa Federación de Hockey Liña. Tras unha ilusionante fase clasificatoria os infantís da Guarda xogarán a sua semifinal fronte o CHL Meigas de Lugo as 17:15 da tarde; xusto antes, as 16:00 enfrontaránse pola outra praza da Final Lóstregos Norte e Lóstregos Sur.
Xa na xornada dominical o será o turno dos equipos senior: As féminas xogarán o seu partido da FinalFour ás 11:15 da mañá ante o CHL Meigas e o equipo masculino fará o propio ante o CHL Cabuxos ás 13:45.
Dende a Directiva e o corpo técnico de A Guarda Hockey Liña valoran moi positivamente acadar clasificar os equipos das tres categorías para estas Finais, a sabendas do elevado nivel dos seus rivais e da clara desventaxa que presenta non poder adestrar en instalacións axeitadas e ter que viaxar sempre para competir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario