A DEPUTACIÓN ADXUDICA A NAROM SL POR 390.439 € A MELLORA DUN
TRAMO DO TRAZADO DA EP TABAGÓN-O ROSAL QUE CONECTARÁ ESTA VÍA COA AUTOVÍA TUI-A
GUARDA
Infogauda / O Rosal
A Deputación de Pontevedra adxudicou hoxe, na súa xunta de goberno,
a obra de mellora do trazado da estrada provincial Tabagón-O Rosal-Portocelo,
entre os puntos kilométricos 1,9 e 2,6, á empresa Narom SL na cantidade de
390.439 euros.
Ao concurso presentaranse 16 empresas. O traballo hoxe adxudicado
a Narom SL tén un prazo de execución de tres meses.
A obra está financiada mediante un convenio entre o Concello de
O Rosal e a Deputación de Pontevedra, que aporta 381.040 €. Servirá para realizar a conexión da
estrada provincial Tabagón-O Rosal coa vía de alta capacidade Tui-A Guarda
ao seu paso polo Concello.
As obras incluirán a dotación de servizos a todo o tramo e
permitirán realizar reparacións, mellorar o trazado do actual tramo e a
súaseguridade viaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario