123 ALUMNOS DE 18
CENTROS DE F.P. DE PONTEVEDRA FARÁN PRÁCTICAS LABORAIS REMUNERADAS EN EUROPA
GRACIAS AO PROXECTO DA DEPUTACIÓN PRACTICUM DEPO 2015
Durante 6 meses estes recén titulados en ciclos medios de F.P de Vigo, Pontevedra, Ponteareas, Vila
de Cruces, Silleda, Salvaterra de Miño, Tomiño, Marín Sanxenxo e Moaña completarán a súa formación
profesional en empresas e institucións europeas.
Infogauda / Pontevedra
O programa, denominado
Practicum Depo 2015, está orientado a completar a formación dos xoves, a mellorar
o seu dominio dos idiomas e a ampliar as súas posibilidades de inserción
laboral, segundo explicou hoxe en rolda de prensa o presidente da Deputación,
Rafael Louzán. Un proxecto para o que a Unión Europea lle concedeu ao organismo
provincial 1 millón de euros.
123 alumnos de 18 centros da provincia
18 centros de FP da provincia se sumaron a este
proxecto para enviar a Europa a un total de 123 alumnos que realizarán prácticas de 6 meses
en empresas privadas ou organismos públicos de diferentes países europeos,
preferentemente de fala inglesa. Os bolseiros estarán nos seus destinos en
agosto ou setembro.
Os 18 centros son:
·
6 de
Vigo:
IES A Guía; Ricardo Mella; Centro de Artes Plásticas e Deseño Atlántico;
Chapela; Politécnico; e Centro de Formación Divino Maestro.
· 3 de
Pontevedra: Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de
Lourizán; IES A Xunqueira I; e IES Montecelo.
· 1 de Ponteareas (A
Granxa); Vila de Cruces (IES Marco
do Camballón); Silleda (IES Pintor Colmeiro); Salvaterra
do Miño (IES Salvaterra de Miño); Cambados,
IES Francisco Asorey; Tomiño, IES de Tomiño; Marín: IES Chan do Monte; Sanxenxo,
IES de Vilalonga; e Moaña, IES A
Paralaia.
Rafael Louzán puxo de manifesto que a concesión
deste programa por parte da UE “é
premio á Deputación polos antecedentes do organismo provincial a prol da
inserción laboral. Seguimos avanzando na promoción
do emprego e na mellora das oportunidades laborais para os mozos”. Plans de emprego para parados; práctica Laboral para
universitarios; ciclos superiores e persoas con discapacidade; e agora,
titulados de ciclos medios para que poidan reforzar a súa formación, aproveitar
o seu talento e ter un mellor futuro laboral.
Estas bolsas Erasmus+,
concedidas polo Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos para o
2015, van destinadas a mozos e mozas recén titulados en ciclos medios de FP
que durante 6 meses realizarán prácticas
remuneradas e de gran calidade. Estes mozos e mozas irán a países nos que hai
mellores posibilidades de formación e práctica en cada unha das especialidades
que oferten.
Ningún comentario:
Publicar un comentario