30 de xuño de 2015

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PRESENTA UNHA MOCIÓN A PROL DE "LOGRAR CLARIDADE E TRANSPARENCIA NOS DEREITOS DOS CIDADANS"

Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro portavoz do Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de A Guarda - Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Para seu debate e aprobación, se procede, na vindeira sesión plenaria ordinaria, o Grupo Municipal de Converxencia Galega, a traverso do seu concelleiro portavoz, Celso Rodríguez Fariñas, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte moción:


CLARIDADE E TRANSPARENCIA NA INFORMACION MUNICIPAL 

 En aras de lograr claridade e transparencia nos dereitos que lles corresponde aos cidadáns  e evitar con elo, xenerar inseguridade xurídica, e tamén conseguir que o acceso a documentación municipal está a disposición de todos/as, vimos a solicitar que se impartan as órdenes oportunas para que as:

 Actas de Xunta de Goberno Municipal (última actualización: 30.05.2014).
Actas de Pleno (última actualización: 30.04.2014).

 Que se proceda a actualización da Páxina Municipal, e se coloquen o máis axina posible, e que se cree un sistema para que nún plazo que non exceda en QUINCE (15) DIAS a fin de que poidan ser coñecidos os temas tratados e aprobados nos mesmos e poidan intervir naquelas actuacións que lles afecten directamente por distintas circunstancias.

 Dende Converxencia Galega, dado que estas novas tecnoloxías, sirvan de eficaz ferramenta para manter informados aos/as guardeses/as dunha comunicación clara e transparente que permita que poidan defender séus intereses.   

A Guarda, a 30 de xuño do 2.015

Celso R. Fariñas                        
Concelleiro de Converxencia Galega         


Sr. Alcalde-Presidente 
Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario