30 de xuño de 2015

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA FACILITA A AXENDA DE ACTIVIDADES DE VERÁN EN FORMATO PDF  

                   Praza do Reló - Foto: Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda xa repartiu entre os veciños e veciñas da localidade e en distintos puntos significativos da vila ó alcance de toda persoa, a axenda de actividades de verán onde, por datas e horas, están agrupados todos os espectáculos, festas ou exposicións programadas para os meses de xullo, agosto e setembro.

  Ademais de publicala nun formato físico, como novidade este ano, o Concello de A Guarda facilita esta axenda en formato PDF, para que todas as persoas que así o queiran, poidan descargala tanto nos dispositivos móbiles coma nos seus ordenadores.

 Para descargar a axenda non teñen máis que premer no enlace que está debaixo deste texto e darlle a gardar no dispositivo.

 Con este novo formato, dende o Concello, pretenden darlle máis actividade a axenda e que estea presente nas vidas dos veciños e veciñas da vila para que coñezan a oferta e a variedade de espectáculos e festas que durante os meses de verán se celebran na Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario