TRIBUNA ABERTA
INSTO O GRUPO DE GOBERNO PARA QUE TOME ÁS MEDIDAS OPORTUNAS, PARA QUE A ESCOMBREIRA QUE XA EXISTE NA RÚA TUI DESAPAREZA
Anselmo Martínez Pena / A Guarda
Logo de ollar un comunicado publicado en INFOGAUDA onde se dí que: "O equipo de goberno da Guarda insta ao BNG a que retire os panfletos colocados no mobiliario público e deixe todo tan limpo como estaba antes de pegalos (...)".
Sr. Alcalde:
Paréceme xenial!
Eu insto ao equipo de goberno a que tome as medidas oportunas para que a escombreira que xa existe na rúa Tui desapareza, pois leva case dous anos que se desmantelou o guindastre mentres que o burato que facía de base, foise enchendo de lixo e aí está, pese as miñas denuncias de que estaba nacendo un vertedoiro de lixo dentro do casco urbano, sen que ninguén do goberno, nin antes nin despois das eleccións municipais, se dignase a dar un paseo por esa rúa e ollase o que acontece para tratar de darlle unha solución que penso, é moito máis importante e necesaria co que se lle insta ao BNG.
Fotografías: Anselmo Martínez Pena
Na ultima foto vése como, na mesma rúa, xa se está formando un punto novo, onde a xente que non é moi consciente coa responsabilidade de ser veciños limpos, claro, como mira que todo está desaliñado, aproveita para deixar escombro onde lle peta quedando tan tranquilo.
Moi mal feito amigo meu.
Ningún comentario:
Publicar un comentario