29 de xuño de 2015

A GUARDA

TRIBUNA ABERTA

O BNG ENSUCIA O MOBILIARIO PÚBLICO NA GUARDA

O equipo de goberno insta ao BNG a retirar a propaganda do mobiliario e, en caso de que sexa necesario, proceder a súa limpeza para que quede nas mesmas condicións que estaba antes de realizar a pegada dos panfletos.



Antonio Lomba Baz 
Alcalde de A Guarda

 O Concello da Guarda leva un par de semanas, dende o comezo da nova lexislatura, centrando os seus esforzos en embelecer os espazos públicos. Para elo estanse a realizar tarefas de mantemento do mobiliario urbano e limpeza de rúas co obxectivo de que a Vila teña a mellor cara para o desfrute dos veciños, visitantes e turistas.



O regulamento de limpeza pública e recollida de lixo, que o novo equipo de goberno ten previsto aplicar de forma rigorosa establece literalmente que “non está permitido por folletos nas fachadas dos edificios públicos ou no mobiliario e equipamento urbano (farois, marquesiñas, contedores...)”. Resulta curioso a vez que lamentable que o grupo político que máis está a criticar as iniciativas levadas a cabo polo anterior goberno socialista no ámbito turístico e comercial, o BNG, sexa o primeiro en deteriorar a imaxe da Guarda, enchéndoa de panfletos pegados sobre mobiliario publico, en moitos casos recen pintado. Se queren facer chegar información a cidadanía teñen a opción de repartila polas casas, como fan os outros grupos políticos.



O equipo de goberno insta ao BNG a retirar a propaganda do mobiliario e, en caso de que sexa necesario, proceder a súa limpeza para que quede nas mesmas condicións que estaba antes de realizar a pegada dos panfletos. Lémbralle ao BNG que os grupos políticos somos os primeiros que temos que velar polo cumprimento da normativa municipal. Así mesmo agradece a súa preocupación polo mal estado dalgúns camiños. Comunicar estas deficiencias ao equipo de goberno fai que o Concello sexa máis eficiente no traballo de mantemento e limpeza dos espazos e mobiliario público. Mellorar a imaxe da Guarda é cousa de todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario