11 de feb. de 2010

GALICIA

Referencia do Consello da Xunta que tivo lugar en San Caetano, baixo a presidencia de Alberto Núñez Feijóo

Infogauda / Galicia
Premendo na seguinte ligazón poderá ter acceso a referencia do Consello da Xunta.

A secretaria xeral da Igualdade e a Xefa da Unidade de Coordinación contra a Violencia sobre a Muller terán reunións trimestrais

· Marta González e Laura Rodríguez durante a xuntanza mantida hoxe
A coordinación entre administracións é fundamental para lograr erradicar a violencia de xénero.
As cifras de violencia en Galicia melloraron, pero hai que ter cautela, xa que falta moito por facer.
Erradicar de forma definitiva a violencia de xénero é prioridade absoluta para as dúas responsables.
Educación convoca, por primeira vez, máis de 3.000 prazas para a aprendizaxe de linguas estranxeiras no 2010, un 16% máis que o ano pasado
A dotación total das achegas para mellorar os coñecementos en inglés, francés e alemán será de 3.829.900 euros.
Como novidade este ano realizáranse cursos no primeiro trimestre do curso 2010- 2011, a maiores dos que se desenvolveran desde xuño ata finais de agosto.
Os beneficiarios, 427 máis que en 2009, serán alumnos e alumnas de primaria, secundaria e bacharelato.
Os estudantes terán asegurada a calidade dos novos programas de ensinanza de idiomas deseñada pola nova Consellería.

Roberto Varela define a Torrente Ballester, no centenario do seu nacemento, como “un dos mellores entre tantos homes e mulleres que fixeron e fan Galicia”
· Roberto Varela durante a súa intervención
Foto: Xoán Crespo
O conselleiro de Cultura e Turismo afirmou nos actos do Centenario de Torrente Ballester como unha oportunidade para “reivindicar e recordar a monumental obra poligráfica de Don Gonzalo”.
A Consellería de Cultura e Turismo colabora nas actividades do Centenario relacionados cos obxectivos do Ano do Libro e da Lectura. Entre outras iniciativas, apoiaranse as visitas á Biblioteca de GTB, exposicións conmemorativas e o ciclo “Gonzalo Torrente Ballester e o cine”.
Ler máis.

Igualdade estudará posibles colaboracións coa Cruz Vermella Galega no eido da atención ás mulleres
· Marta González durante a xuntanza de hoxe.
A Secretaria Xeral e a Cruz Vermella estudan retomar os programas de apoio ás mulleres.
Retomar os programas de apoio as mulleres menos favorecidas é unha das prioridades da Cruz Vermella, e un dos eidos prioritarios da Secretaría Xeral da Igualdade.

A GUARDA

¿PODEREMOS FACER TODOS O MESMO?

Cada pouco, escoitamos a veciños protestar polas campañas “de caza” que a Policía Local leva a cabo, zonas azuis, pasos de peóns, vados, etc., polas que intentan por orden na caótica situación do tráfico na nosa localidade. Sobre os intentos que fán, non temos nada que decir, se non fora que cando chega o vrán, os únicos sancionados son os da casa, xa que aos visitantes, nin tocalos co pétalo dunha rosa. Cando preguntamos, escoitamos que “son órdenes darriba”
Pero, cando son os darriba os que cometen as infraccións, ¿serán sancionados? O Concelleiro/Becario de Tráfico, ademáis de circular e pasear cún vehículo municipal que pagamos todos, ríese do pobo xa que ten “patente de corso” de facer o que lle peta e sóbralle tempo.



Do moito diñeiro que malgasta o Concello, ún é o séu salario, nin plan de tráfico, nín arranxo de zonas azuis, nin facer cumprir a legalidade de vados (hai máis ilegais que os que pagan o Concello) etc.
E de propina él pode aparcar donde queira, e si polo sitio queren pasar os veciños, ¡teñen toda a carretera para andar! Si os atropella un coche, a culpa é deles por non levar postos os pilotos de situación. Menudo rostro ten o da Joreña. E como dín que unha imaxe vale máis que mil palabras, ¡ahí vai a proba! E iso non é casualidade, nesa zona o fai con bastante asiduidade, cando non atopa sitio a veira do Concello, ou non está alí o coche da poli, os que manda retirar o seu vehículo para aparcar él.
Celso R. Fariñas
Concelleiro-Portavoz
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL

PONTEVEDRA

UN TOTAL DE 103 EMPRESAS TURÍSTICAS DA PROVINCIA CONSEGUEN A DISTINCIÓN DE CALIDADE DO SICTED

A representante do Hotel Talaso Atlántico, de Oia, recibindo de máns do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, o diploma en recoñecemento á Calidade Turística
Infogauda / Pontevedra
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, destacou hoxe a necesidade de incrementar a calidade no sector hosteleiro para que Pontevedra siga a representar máis do 50% do turismo que recibe anualmente Galicia e se consolide como referente nacional de calidade turística . Louzán entregou, nun acto celebrado na sede de Turismo Rías Baixas, o distintivo de calidade turística a 103 establecementos da provincia que superaron con éxito as auditorías técnicas do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED).
Louzán, que apuntou que a significación do distintivo de calidade turística cobra cada vez máis importancia, recordou que Pontevedra foi, xunto con Barcelona, “a primeira provincia de España en adherirse ó SICTED”, un plan estatal que permite a aplicación de estándares de calidade intersectoriais, dun manual de boas prácticas e da implantación de sistemas de xestión e garantía de calidade polas empresas e servizos turísticos.
Nesta liña, engadiu, “é vital que as empresas turísticas da nosa provincia, o noso reflexo de portas a fora, tomen conciencia das necesidades e esixencias que os novos tempos imprimen nun sector fundamental na nosa economía. A través deste sistema de calidade baseado na autoavaliación das empresas do sector turístico temos conseguido involucrar os axentes do sector da provincia no proxecto de mellora continua dos servizos”.
O presidente provincial lembrou que “a Deputación e Turismo Rías Baixas traballan a diario por que isto sexa posible: nestes momentos, nos que en España operan un total de 93 destinos turísticos, Pontevedra ocupa o sétimo lugar”.


Dun total de 3.700 entidades distinguidas a nivel nacional, máis de 100 empresas son da nosa provincia. Iso nos fai sentir orgullosos porque quere dicir que estamos a facer ben as cousas. O incremento nas cifras está sendo espectacular: das 42 empresas que obtiveron a distinción hai catro anos, pasamos ás 103 da presente. Dez máis que o ano pasado e 25 máis que o anterior.
Todos estes datos non veñen senón a confirmar que este proxecto é unha aposta segura para converter o destino turístico da provincia e as Rías Baixas nun destino competitivo, real e diferenciado grazas ó traballo de todos os axentes turísticos que apostan pola calidade no servizo.
Hoteles e Apartamentos Turísticos (22 establecementos):
Cangas do Morrazo
H. Apartamentos Turísticos Rodeiramar 2A
Hostal Rodeiramar 2A
Hotel Airiños
Marín
Hotel Villa de Marín
O Grove
Hotel Maruxía
Hotel Norat
Hotel Villa Juanita
Oia
Hotel Talaso Atlántico
Poio
Hotel Don Pepe
Hotel Villa Covelo
Pontevedra
Hotel Apartamentos Dabarca
Hotel Avenida
Hotel Galicia Palace
Hotel Peregrina
Hotel Rúas
Vedra Hotel
Sanxenxo
Hotel Nuevo Vichona
Vilaboa
Hotel Rectoral de Cobres
Vigo
Hotel América
Hotel Ciudad de Vigo
Hotel Pazo Los Escudos
Hotel Zenit

Turismo Rural (20 establecementos)
Campolameiro
Casa Rural A Avoa María
Cangas
Casa Rural A Boubeta
Casa Rural A Casa de Aldán
Poio
Casa Rural A Rega
Soutomaior
Casa Rural Casa da Barreira
Silleda
Casa Rural Casa de Cacheiro
A Estrada
Casa Rural Casa Do Avó
Casa Rural O Palomar
Cambados
Casa Rural Mariñeira Lourdes
Vila de Cruces
Casa Rural San Ginés
Bueu
Casa Rural Videira
Cotobade
Casa Rural Vilalén
A Cañiza
Casa Rural Escribana de Torgo
Barro
Casa Rural Os Carballos
Moraña
Casa Rural Pazo La Buzaca
Mondariz-Balneario
Casa Rural Vinosobroso
Pazos de Borbén
Casa Rural Casa María da Pepa
Tomiño
Casa Rural O Buxo
Vilaboa
Casa Rural Pazo Larache
Oia
Casa Rural Casa Puertas
Campings (5 establecementos)
Cangas
Camping Liméns
O Grove
Camping Moreiras
Playa Paisaxe II O Grove
Pontevedra
Camping os Fieitás
Vilanova de Arousa
Playa Paisaxe I Vilanova

Restaurantes (7 establecimientos)
Nigrán
Restaurante Los Abetos
Vigo
Restaurante Marisquería Bahía
Restaurante Red Delicious
Cangas do Morrazo
Restaurante Mesón O Forte
Oia
Restaurante O Faro-Talaso Atlántico
Lalín
Restaurante O Fogar de Breogán
Cambados
Restaurante Yayo Daporta

Museos e Centros de Interese Turística Visitable (13)
Arbo
Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea ARBO
Vigo
Museo del Mar
Verbum. Casa das Palabras
Museo Vigozoo
Museo-Fundación Liste
Lalín
Museo Etnográfico Casa do Patrón
O Grove
Centro de Interpretación da Natureza de A Siradella
Tui
Centro de Interpretación Parque Natural Monte Aloia
Cambados
Museo Casa do Pescador
Casa Museo Ramón Cabanillas
Museo Etnográfico do Viño
Museo Muíño das Mareas A Seca
Vilanova de Arousa
Casa Museo Valle Inclán

Empresas de actividades deportivas y de ocio (16 establecimientos)
O Grove
Cruceros Ángel
Cruceros Arosa
Cruceros do Ulla
Cruceros Mares do Grove
Cruceros Marifaneca-Cruceros Pelegrín
Minicruceros Proba
Cruceros Mondroa
Cruceros Rías Baixas
Cruceros Turimares
Kurotán Charter
Acquavisión Galicia
Lalín
Desafío Ocio
Tui
Arrepións
Vigo
Sailway
Cangas
Cangas Aventura
Vilagarcía de Arousa
Galicia Marine Charter
Puertos deportivos (2 establecimientos)
Vigo
Puerto Deportivo Marina Dávila Sport
Baiona
Puerto Deportivo Monte Real Club de Yates

Agencias de Viajes (1 establecimiento)
Vigo
Viajes Jet SA

Oficinas de Información Turística (8 oficinas)
Cangas
O.T. Puerto-Concello de Cangas
Poio
O.T. Concello de Poio. Casal de Ferreirós
Baiona
O.T. Concello de Baiona
Cambados
O.T. Concello de Cambados
Nigrán
O.T. Concello de Nigrán
Ponteareas
O.T. Concello de Ponteareas
Pontevedra
O.T. Turismo Rías Baixas
O Grove
O.T. Concello O Grove

Praias (6 praias)
Cangas
Playa Rodeira
Nigrán
Playa América
Playa Panxón
Playa Patos
A Guarda
Playa Area Grande
Playa O Muíño

Outros servizos (3 establecementos)
O Porriño
Vigoocio
Pontevedra
Taxi José Aurelio Vázquez Posa
O Grove
Academia Vox Populi

BAIXO MIÑO

SOTELO E FERNÁNDEZ PORTELA FAN ENTREGA NO ROSAL DE MATERIAL DEPORTIVO ÓS ALUMNOS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DOS CONCELLOS DO SUR DA PROVINCIA


Infogauda / O Rosal
O deputado de Deportes, José Enrique Sotelo, e o deputado provincial e alcalde de O Rosal, Jesús Fernández Portela, fixeron entrega esta tarde de material deportivo ós alumnos e alumnas das Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra nos concellos do Sur da Provincia.
En total, foron 700 os rapaces chegados dos concellos de A Guarda, Tomiño, Tui, Gondomar, Porriño, Oia e O Rosal, os que recibiron hoxe os seus correspondentes equipamentos e balóns reglamentarios.
O Rosal ten, a día de hoxe, 215 nenos inscritos nas Escolas da Deputación: 90 en balonmán, 80 en patinaxe e 45 en fútbol. Pola súa banda, os concellos de A Guarda, Tomiño, Tui, Gondomar, Porriño e Oia aportan un total de 485 rapaces só nas escolas provinciais de fútbol.
Na actualidade, a Deputación coordina un total de 179 escolas na provincia: 38 de fútbol, 10 de fútbol sala, 96 de balonmán, 2 de rugby, 24 de patinaxe e 9 de Iudo, ademais da escola de Xadrez on-line. Estas escolas están a dar formación permanente a un total de 6.055 rapaces de toda a provincia.

OPINIÓN

DE ÁRBORE CAIDO ALGÚNS FAN LENHA



José Antonio González Morais


En radio chusma, criticaron a persoas que dicían que Haití está ocupada por 15.000 soldados con apoio de barcos e 1 portaavións.
Aplaudían a rapidez, a visión de Obama na presunta misión de axuda, e criticaban a pasividade das Nación Unidas. ¿Por qué non foron tan áxiles cando chegou o furacán Katrina?
En Esquerda Unida nos preguntámonos se esta axilidade será porque Haití esta no centro do caribe e moi preto de Venezuela, Cuba..., que podemos definilos como dous furúnculos no cú que tenhen os Iankis.
Según moitos expertos aseguran que en Haití tenhen mais petróleo que en Venezuela, ademáis de ouro, zyconium, uranio, café, azucre,... etc.
Todos lembramos cando o, amante da guerra en Iraq (George Busch......), sacou a Arístide do poder porque este non aceptaba as condicións impositivas para extraer o petróleo.
Os presuntos salvadores están facendo o negocio a conta dunha traxedia. Haití e un país rico pero que esta empobrecido pola corrupción dos dirixentes políticos, e incomprensiblemente asumida pola cidadanía.
É un escándalo que os norteamericanos (os salvadores), rapten a 33 nenos e nenas indefensas para facer negocio.
Algúns como Herrera (Chusma en la Onda ) seguirán apoiando aos invasores, por iso estivo no almorzo de acción de gracias. Se ZP é tan inútil, ¿para que o acompanhou?
OPINIÓNS DOS LECTORES:
Boas tardes Sr. González Morais: Non vou darlle tabarra con a EÑE, pois xá sabemos que vostede o único que demostra é que é de piÑón fixo pero sin base. , Váiase a dar un paseo por a playa da LamiÑa, ou por a do MuiÑo para recapacitar é non renegue de súa NaiciÑa, nin se olvide da MorriÑa que sinten seus IrmanciÑos que se encontran fora, nin tampouco se olvide de que antes da REVOLTA DOS IRMANDIÑOS xa se empleaba a EÑE.
Por outro lado tén toda a razón, á America salíronlle un "Furúnculos", Castro, Chavez, Evo Morales, Daniel Ortega é algún máis. Así lles vai a esas Naciós >que deus nos libre<>perdona que te tutee<>
Saludos a todo lector de INFOGAUDA de (O Cabaqueiro).

VALENÇA

Seminário Internacional em Valença
“Desenvolvimento Turístico Sustentável Global”


Vitor Salvador / Valença
Valença recebe o Seminário Internacional “Desenvolvimento Turístico Sustentável Global”, do projecto Europeu ULTREIA, em 26 de Fevereiro, na Quinta do Prazo.
Incentivar o Desenvolvimento Turístico Regional, através da elaboração e implementação de uma Agenda 21 Turística, que promova o desenvolvimento sustentável do património cultural e natural, dos territórios envolvidos no projecto Europeu ULTREIA, é a grande linha a desenvolver neste seminário internacional. As questões ambientais, a promoção para a sustentabilidade e para o turismo, bem como os princípios orientadores definidos pelas Agenda 21 Local, são as grandes linhas deste seminário.
De entre as várias comunicações destacam-se:
- “Desenvolvimento Turístico Sustentável: as Rotas Turísticas”, pelo Professor Doutor João Sarmento, da Universidade do Minho (Portugal);
- “Agenda 21 Charte Européene du Tourism Durable” por Bénédicte Dupard – directora do Parc Naturel Régional des Marais du Cotentin et du Bessin e Odile Pierre – responsável pelo desenvolvimento, de La Manche (França);
- “Turismo Sustentável e Aplicação da Agenda 21 na Galiza” por especialista convidado pela Secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia (Espanha);
- “Environment Policy as it Applies to Tourism in Irland”, por Eva Dearie, administradora do Desenvolvimento Comercial da Failte Ireland – Organismo nacional de promoção turística(Irlanda);
- “Qual o Papel do Processo de Agenda 21 para a Sustentabilidade Turística”, pela Professora Doutora Helena Ferreira, da Universidade Católica (Portugal).
A organização é do Município de Valença, no âmbito do projecto europeu ULTREIA de que são parceiros, ainda, a Secretaria Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia (Espanha), a Fundacion Comarcal de Santiago (Espanha), a Diocese de Beja, a Failte Ireland (Irlanda) e o Conseil Général de La Manche (França).
O objectivo geral do projecto ULTREIA é promover o turismo sustentável cultural, religioso e patrimonial vinculado às rotas marítimas e interiores dos Caminhos de Santiago, até Compostela, através dos eixos fundamentais da implementação de uma Agenda 21 Turística e a criação de uma rede de regiões atlânticas que desenvolvam produtos turísticos no marco atlântico cultural comum.

CAMINHA

Caminha acolhe I Feira de Doçaria Tradicional e Conventual de 12 a 16 de Fevereiro

"Camidoce" abre portas sexta-feira


Infogauda / Caminha
Começa sexta-feira, dia 12, no Pavilhão Desportivo Municipal de Caminha, a "Camidoce" - I Feira de Doçaria Tradicional e Conventual de Caminha - que se prolonga até terça-feira, dia 16. A abertura do certame está agendada para as 17 horas.
Com destaque para a doçaria tradicional e conventual, esta Feira organizada pela Câmara Municipal de Caminha em parceria com a Ancoreventos, promete ser o certame revelação da região neste Carnaval. Além dos doces e do artesanato, esta iniciativa pioneira no concelho de Caminha, terá como pólo de atracção um bolo gigante, em forma de cara de palhaço, com aproximadamente 150 kg, alusivo ao Carnaval. A organização prevê que, durante a feira, passem pelo Pavilhão de Caminha, milhares de pessoas, para provarem e adquirirem os doces e o artesanato, mas também para se divertirem com a animação complementar.
Ao longo de cinco dias, o Pavilhão de Caminha vai transformar-se para acolher os cerca de 50 stands, onde os doceiros e os artesãos vão mostrar o que de melhor se faz em Portugal. É de salientar que na "Camidoce" o concelho de Caminha estará representado por doceiros e artesãos, que evidenciarão a arte de saber fazer concelhia. Mocas, caminhenses, doçaria tradicional de Palmela, doçaria conventual são algumas das especialidades que estarão disponíveis em Caminha.
O Município quis ir mais além e resolveu associar o património ligado às artes aos ofícios tradicionais, como forma de afirmação da identidade cultural. Assim, o artesanato que caracteriza o concelho e as restantes zonas do país também estará presente na "Camidoce".
Além dos doces, este certame ficará marcado pela animação. A Ludoteca fará as delícias dos mais pequenos, através da dinamização de um atelier de doçaria, onde as crianças poderão confeccionar os próprios doces, e que funcionará no horário da feira. Os visitantes ainda poderão interagir com figuras engraçadas e carnavalescas, como palhaços e mimos, que animarão o recinto com espectáculos divertidos.
A realização da "Camidoce" nesta época do ano, considerada a época baixa, é a estratégia de promoção turística adoptada pelo Município para inverter a sazonalidade turística que caracteriza o concelho, com vista a fazer de Caminha um destino atractivo, de qualidade e de excelência, durante os 12 meses do ano.
A Câmara pretende, com este evento, divulgar e promover a comercialização da doçaria tradicional e conventual, bem como incentivar à produção e comercialização de compotas, mel, frutos secos doces e Licores.
A I Feira de Doçaria Tradicional e Conventual de Caminha, cuja entrada é gratuita, poderá ser visitada na sexta-feira, dia 12, das 17h às 24h; dias 13, 14 e 15, das 10h às 24h e, no dia 16, das 10h às 19 horas.

OURENSE

A DEPUTACIÓN PROMOVE O IV CONGRESO DE PATRIMONIO ETNOGRÁFICO GALEGO


A Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación do IV Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego que terá lugar na cidade de Ourense entre os días 25 de febreiro e o 1 de marzo. Este ano a temática sobre a que tratarán os relatorios, conferencias e debates será “Os camiños de Santiago: miradas e experiencias”, un tema que segundo dixo o profesor Xosé Manuel Cid, membro do comité organizador, “permitirá darlle ao congreso un carácter internacional, xa que a im portancia que hoxe ten no mundo o Camiño de Santiago chega a todos os continentes, máxime nun ano como o actual, que é Ano Xacobeo”.

Infogauda / Ourense
Cid afirmou que o congreso contará coa presenza de profesores e estudosos nos temas do Camiño, así como con especialistas que traballan no ámbito didáctico na escola e tamén con etnógrafos que falarán das costumes e modos de vida ao longo dos séculos no Camiño de Santiago.Pola súa banda, o presidente da Deputación provincial, José Luis Baltar, dixo que o feito de ser a 4ª edición deste congreso “deixa ben ás claras que estamos ante un congreso consolidado e que lle interesa á xente, ben sexan académicos, estudiantes universitarios ou mesmo cidadáns en xeral, porque a etnografía, a historia e a cultura, e algo que a todos nos atrae, e é a mellor maneira de facer país: conservar o que temos e poñelo e valor”.O programa do congreso comezará o día 25 de febreiro na aula multiusos do Edificio de Ferro do Campus de Ourense cunha mesa redonda sobre “Camiños de Santiago: miradas antropolóxicas”; o día 26 de febreiro no salón de actos do Edificio Polítécnico haberá unha mesa redonda sobre “O Camiño de Santiago a ollos dos educadores”, e unha conferencia sobre “A viticultura no Camiño de Santiago”.O sábado 27 de febreiro haberá unha conferencia sobre “Os Camiños do Sur”, e de seguido haberá dúas excursións: unha para percorrer un tramo da Vía da Prata en Seixalbo, e outra no Bierzo, onde se proxectará un vídeo do Camiño e impartirase unha conferencia sobre “Amigos do Camiño Real”.O domingo 28 de febreiro realizarase un percorrido polo Camiño de Santiago entre o Bierzo e Triacastela, onde os excursionistas estarán acompañados por un guía que falará sobre a flora e a fauna nesa zona da montaña galega. Finalmente o luns 1 de marzo o congreso rematará coa conferencia de clausura a cargo de Carmen Pugliese, quen falará sobre “As mulleres no Camiño de Santiago”.O acto de presentación do congreso, que tivo lugar hoxe na Deputación de Ourense, contou coa presenza, ademais de José Luis Baltar e Xosé Manuel Cid, de Mariló e Xulio Fernández Senra, membros do comité organizador do congreso.

OURENSE

MOXOM INAUGURA MAÑÁ NO CENTRO CULTURAL A EXPOSICIÓN “A MIÑA XENTE”, ONDE A MADEIRA COBRA VIDA



O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolle dende mañá, día 12 de febreiro, e ate o vindeiro 7 de marzo a exposición escultórica “A miña xente”, obra do artista ourensán Moxom, un escultor que ven traballando dende hai tempo a madeira cun estilo propio que o define claramente, dándolle vida a cada unha das caprichosas formas que a natureza lle da á madeira.

Infogauda / Ourense
Segundo afirmou o autor hoxe na presentación da exposición e do catálogo, “eu utilizo a madeira por ser un material nobre, cálido e que lle gusta á xente; e non fago máis que proxectar o que a natureza nos ofrece poñéndolle cor ás fermosas formas que ten a madeira”.Moxom cumpre, en opinión de Francisco González, director do Centro Cultural da Deputación, o perfil e as liñas de traballo que persegue o Centro Cultural “por tratarse dun artista local, para os que este recinto dedica unha especial atención, dándolles a oportunidade de amosar os seus traballos nunhas condicións de absoluta profesionalidade”. Precisamente, este ano que se cumpre o décimo aniversario do Centro Cultural, Francisco González dixo que a escultura vai ter un protagonismo especial.Despois de percorrer gran parte de Galicia coa súa obra en salas de pequena e mediana dimensión, Moxom chega ao recinto expositivo da Deputación para ofrecernos un traballo realizado expresamente para este lugar. O artista chega cargado de madurez, de evolución nun proceso creador que o consolida como un dos novos valores a ter en conta dentro da riqueza cultural creativa de Ourense.A exposición que mañá inaugura “A miña xente” está integrada por obras de gran tamaño e por outras de mediano e pequeno formato, pero todas co denominador común da natureza mesturada coa clarividencia do autor, que sabe extraer da madeira as imaxes que “humanizan” a escultura, para devolvernos unhas formas singulares do ser humano, de gran beleza artística.

OURENSE

OLGA REINOSO INAUGURA A SÚA MOSTRA “O VALOR DO COTIÁN”


A pintora Olga Reinoso inaugura hoxe, xoves, día 11 de febreiro, no Centro Cultural da Deputación, ás 20:00 horas, a súa mostra “O valor do cotián”, onde expón unha serie de bodegóns marcados polo seu carácter hiperrealista.

Infogauda / Ourense
A obra que avala a rúbrica de Olga Reinoso sempre concita interese, porque a pintora, cunha longa bagaxe propia, sabe sorprender coa súa capacidade para expresa-las súas proposicións mediante unha linguaxe deliberadamente sinxela e precisa que transmite proximidade.Esta suxestiva exposición amósasenos como un dos seus traballos máis significativos, porque a artista, esixente co oficio, non dubidou en enriquecela con novos matices e revisar algúns conceptos. Todo sen renunciar ás súas reflexións máis íntimas e sen perder esa mirada tan propia da que sempre fixo gala.Hoxe, a pintura de Olga Reinoso volve destacar porque nela non descoida ningún aspecto para conformar unha mostra rica e fecunda. As súas fontes non son outras que as propias conviccións mantidas ó longo da súa traxectoria artística. Non sorprende, pois, que preferira apostar por unha realidade visual na que cada obxecto é descrito con esmero ata no máis pequeno detalle. A súa inspiración xurde do contacto coa inmediatez cotiá das cousas. Nesta ocasión elixe o bodegón como única temática, compoñendo un conxunto de obras atractivo que pon de manifesto non só a súa capacidade compositiva, senón tamén a súa fascinación pola forma. A isto úneselle a súa sensibilidade para obter diversas gradacións cromáticas que en ocasiones exaltan a luminosidade das froitas e as teas, mentres que noutras temperan o contraste entre os obxectos que destacan case de maneira escultórica e os seus fondos máis neutros.Unha vez máis utilizou con pericia os seus rexistros pictóricos para seducirnos coa súa persoal aproximación a unha singular visión do cotián construído con fragmentos que poñen de manifesto a súa versatilidade para crear un amplo catálogo cheo de sutilezas. Así, logrou que a súa concepción naturalista reforzada pola fusión de elementos formais e coloristas se converta nunha homenaxe pictórica viva ó que outros chaman “natureza morta”.
Mercedes Gallego Esperanza

PONTEVEDRA

Cruz Roja Juventud organiza un curso para la incorporación de nuevos voluntarios a su proyecto Sen Violencia-Convivencia en la zona de Vigo, Ponteareas y Baixo Miño



La acción formativa que se va a desarrollar es: mediador/a en prevención de conductas violentas de Vigo.

Ya está abierto el período de inscripción y las plazas son limitadas
Cruz Roja / Pontevedra


Cruz Roja Juventud en Vigo, Ponteareas y Baixo Miño abre el plazo para la inscripción en el próximo curso de mediadoras/es en prevención de conductas violentas, que comienzo el próximo 08 de Marzo de 2010.

Los destinatarios de estas acciones formativas son jóvenes entre 18 y 35 años interesados en realizar actividad voluntaria en el proyecto Sen Violencia- Convivencia con población infantil y adolescente, en convenio con la Diputación Provincial.

El curso se estructura en una parte teórica y otra práctica, es gratuito con el compromiso de realizar actividad voluntaria y se desarrollará en la asamblea comarcal de Cruz Roja Española de Vigo.

Las características principales del curso de Mediadoras/es en prevención de conductas violentas, financiado por la Diputación Provincial, y que se celebrará en Vigo, diploma de 65h repartidas en 25h teóricas, 40h prácticas ( a desarrollar en la Asamblea más cercana), repartidas en ocho bloques temáticos que incluyen sesiones de:

- Formación Básica Institucional
- El papel del mediador y planificación de talleres
- Derechos humanos
- Violencia y violencia de género
- Habilidades sociales y de comunicación
- Técnicas de resolución de conflictos.
- Autoestima
- Bullying

Esta formación está enmarcada entre las acciones que el programa de Prevención de Conductas Violentas “Sen Violencia-Convivencia” viene desarrollando en convenio con la Diputación Provincial de Pontevedra desde el 2003. Entre las acciones desarrolladas destacan los talleres “Sen Violencia-Convivencia” de secundaria, los talleres “Veteri” de primaria, la intervención en resolución de conflictos en los centros de menores, charlas para familias y docentes, formación homologada para profesorado… además de la Jornada anual de Convivencia Escolar que se viene desarrollando año tras año en el Pazo de la Diputación Provincial.



Del 08 al 12 de Marzo de 2010 en horario de 09:00h a 14:00h

Para más información e inscripción los interesados podrán dirigirse a:

Asamblea Comarcal de Vigo
C/ Ecuador nº 16, 36203, Vigo
Telf. 986 42 36 66

Asamblea Comarcal O Baixo Miño
Rúa Agustín Nandín Lomba, 1 baixo
36780 A Guarda
Tlfno.: 986 61 46 09

Asamblea Local de Ponteareas
Centro Multiusos, rúa das Pombas s/n
36860 Ponteareas


SANTIAGO DE COMPOSTELA

ESPECTRAL
OBRAS DAS COLECCIÓNS DO CGAC

Inauguración: Venres 12 de febreiro ás 20 h.


Infogauda / Santiago
Premer no cartaz para ampria-lo

GALICIA

O presidente da Xunta di que o Goberno galego está disposto a desbloquear canto antes a situación e lembra que lle enviou unha carta ao vicepresidente terceiro na que lle reclama a convocatoria urxente dunha reunión para tratar de aclarar as discrepancias ao respecto da Lei de Caixas


· O presidente galego respondeu as preguntas dos grupos parlamentarios
Foto: Xoán Crespo
Infogauda / Galicia
Feijóo: “A Xunta ten listo o recurso contra o FROB para presentalo se o goberno é desleal e continúa o trato desigual a Galicia”.
Asegura que “en ningún caso se vai aceptar recorte algún nas competencias de Galicia, nin imos renunciar a ningún dos principios inspiradores da Lei aprobada polos dous terzos desta Cámara”.
Lembra que a postura da Xunta coas caixas é clara: “queremos que Galicia estea presente no mapa financeiro español, e a única vía que actualmente cumpre con este obxectivo é a unión das Caixas, fusionándose nunha gran caixa galega, que sería a quinta caixa de España”.
Sostén que o Goberno socialista está a manter unha “triple deslealdade: recorren sen o máis mínimo diálogo previo coa comunidade; recorren por inconstitucional o que eles mesmos consideran constitucional en Andalucía, Cataluña ou no País Vasco; e piden a suspensión inmediata de determinados artigos da Lei, conducindo ao sistema financeiro galego a unha situación de bloqueo e provisionalidade, e de debilidade”.
Reitera que a Xunta vai dialogar para tratar de retirar o recurso e comprométese a manter informados puntualmente aos grupos da Cámara da evolución das reunións co Goberno central.
Hernández anuncia que neste mes rematarase o estudo e a revisión das zonas asolagables do dominio público hidráulico de competencia autonómica


· Agustín Hernández durante a súa intervención no pleno do Parlamento.
Foto: Ana Varela
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas avanza que este proxecto será presentado na xunta de goberno de Augas de Galicia en marzo e posteriormente, someterase a consulta pública a través da web deste organismo.
Aclara que o estudo delimita as zonas inundables en 80 quilómetros, distribuídos en 39 treitos de río, cun mapa de risco para as bacías costeiras e inclúe medidas de actuación necesarias.
Subliña que a Administración Hidráulica de Galicia disporá este mesmo ano dun sistema de prevención de enchentes que permitirá calcular con antelación os caudais esperados en 17 ríos de Galicia.
A Xunta destinará máis de 27,5 millóns de euros ao fomento e apoio dos autónomos ao longo deste ano
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, salientou a contía que os orzamentos recollen para este sector en resposta a unha pregunta parlamentariaA titular do departamento autonómico avanzou que xa se está a elaborar a orde que desenvolverá o Estatuto do Traballo Autónomo e que se publicará en 2010.

Turismo promove plans de desestacionalización co sector e os entes provinciais e locais
A Secretaria Xeral para o Turismo, a través de Turgalicia propicia a colaboración entre as Administracións Públicas e as asociacións profesionais co obxectivo de captar máis turistas nas épocas de menor demanda.
É a primeira vez que se lanza dende a Administración Turística galega un plan de desestacionalización en colaboración co sector privado e os padroados provinciais para todo o territorio da Comunidade Autonóma galega.
Ler máis.
A Consellería de Educación convoca preto de mil prazas de mestres e de profesores de Secundaria para as oposicións 2010
Entre as prazas presentadas na mesa sectorial, 227 máis que o ano pasado, inclúense as de profesores técnicos de Formación Profesional e de Música e Artes Escénicas.
No mesmo encontro cos sindicatos se deron a coñecer as convocatorias para corpo de Inspectores de Educación e para os novos equipos directivos de centros docentes.
A lamprea mariña mantense en bo estado de conservación en Galicia, malia que nalgúns ríos as súas poboacións son escasas
· O director xeral de Conservación da Natureza, esta mañá na xornada
Medio Rural e a USC colaboran na investigación e seguimento desta especie, co fin de mellorar a súa protección.
O director xeral de Conservación da Natureza inaugurou unhas xornadas sobre a lamprea nas que participan destacados expertos internacionais.