11 de feb. de 2010

PONTEVEDRA

UN TOTAL DE 103 EMPRESAS TURÍSTICAS DA PROVINCIA CONSEGUEN A DISTINCIÓN DE CALIDADE DO SICTED

A representante do Hotel Talaso Atlántico, de Oia, recibindo de máns do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, o diploma en recoñecemento á Calidade Turística
Infogauda / Pontevedra
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, destacou hoxe a necesidade de incrementar a calidade no sector hosteleiro para que Pontevedra siga a representar máis do 50% do turismo que recibe anualmente Galicia e se consolide como referente nacional de calidade turística . Louzán entregou, nun acto celebrado na sede de Turismo Rías Baixas, o distintivo de calidade turística a 103 establecementos da provincia que superaron con éxito as auditorías técnicas do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos (SICTED).
Louzán, que apuntou que a significación do distintivo de calidade turística cobra cada vez máis importancia, recordou que Pontevedra foi, xunto con Barcelona, “a primeira provincia de España en adherirse ó SICTED”, un plan estatal que permite a aplicación de estándares de calidade intersectoriais, dun manual de boas prácticas e da implantación de sistemas de xestión e garantía de calidade polas empresas e servizos turísticos.
Nesta liña, engadiu, “é vital que as empresas turísticas da nosa provincia, o noso reflexo de portas a fora, tomen conciencia das necesidades e esixencias que os novos tempos imprimen nun sector fundamental na nosa economía. A través deste sistema de calidade baseado na autoavaliación das empresas do sector turístico temos conseguido involucrar os axentes do sector da provincia no proxecto de mellora continua dos servizos”.
O presidente provincial lembrou que “a Deputación e Turismo Rías Baixas traballan a diario por que isto sexa posible: nestes momentos, nos que en España operan un total de 93 destinos turísticos, Pontevedra ocupa o sétimo lugar”.


Dun total de 3.700 entidades distinguidas a nivel nacional, máis de 100 empresas son da nosa provincia. Iso nos fai sentir orgullosos porque quere dicir que estamos a facer ben as cousas. O incremento nas cifras está sendo espectacular: das 42 empresas que obtiveron a distinción hai catro anos, pasamos ás 103 da presente. Dez máis que o ano pasado e 25 máis que o anterior.
Todos estes datos non veñen senón a confirmar que este proxecto é unha aposta segura para converter o destino turístico da provincia e as Rías Baixas nun destino competitivo, real e diferenciado grazas ó traballo de todos os axentes turísticos que apostan pola calidade no servizo.
Hoteles e Apartamentos Turísticos (22 establecementos):
Cangas do Morrazo
H. Apartamentos Turísticos Rodeiramar 2A
Hostal Rodeiramar 2A
Hotel Airiños
Marín
Hotel Villa de Marín
O Grove
Hotel Maruxía
Hotel Norat
Hotel Villa Juanita
Oia
Hotel Talaso Atlántico
Poio
Hotel Don Pepe
Hotel Villa Covelo
Pontevedra
Hotel Apartamentos Dabarca
Hotel Avenida
Hotel Galicia Palace
Hotel Peregrina
Hotel Rúas
Vedra Hotel
Sanxenxo
Hotel Nuevo Vichona
Vilaboa
Hotel Rectoral de Cobres
Vigo
Hotel América
Hotel Ciudad de Vigo
Hotel Pazo Los Escudos
Hotel Zenit

Turismo Rural (20 establecementos)
Campolameiro
Casa Rural A Avoa María
Cangas
Casa Rural A Boubeta
Casa Rural A Casa de Aldán
Poio
Casa Rural A Rega
Soutomaior
Casa Rural Casa da Barreira
Silleda
Casa Rural Casa de Cacheiro
A Estrada
Casa Rural Casa Do Avó
Casa Rural O Palomar
Cambados
Casa Rural Mariñeira Lourdes
Vila de Cruces
Casa Rural San Ginés
Bueu
Casa Rural Videira
Cotobade
Casa Rural Vilalén
A Cañiza
Casa Rural Escribana de Torgo
Barro
Casa Rural Os Carballos
Moraña
Casa Rural Pazo La Buzaca
Mondariz-Balneario
Casa Rural Vinosobroso
Pazos de Borbén
Casa Rural Casa María da Pepa
Tomiño
Casa Rural O Buxo
Vilaboa
Casa Rural Pazo Larache
Oia
Casa Rural Casa Puertas
Campings (5 establecementos)
Cangas
Camping Liméns
O Grove
Camping Moreiras
Playa Paisaxe II O Grove
Pontevedra
Camping os Fieitás
Vilanova de Arousa
Playa Paisaxe I Vilanova

Restaurantes (7 establecimientos)
Nigrán
Restaurante Los Abetos
Vigo
Restaurante Marisquería Bahía
Restaurante Red Delicious
Cangas do Morrazo
Restaurante Mesón O Forte
Oia
Restaurante O Faro-Talaso Atlántico
Lalín
Restaurante O Fogar de Breogán
Cambados
Restaurante Yayo Daporta

Museos e Centros de Interese Turística Visitable (13)
Arbo
Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea ARBO
Vigo
Museo del Mar
Verbum. Casa das Palabras
Museo Vigozoo
Museo-Fundación Liste
Lalín
Museo Etnográfico Casa do Patrón
O Grove
Centro de Interpretación da Natureza de A Siradella
Tui
Centro de Interpretación Parque Natural Monte Aloia
Cambados
Museo Casa do Pescador
Casa Museo Ramón Cabanillas
Museo Etnográfico do Viño
Museo Muíño das Mareas A Seca
Vilanova de Arousa
Casa Museo Valle Inclán

Empresas de actividades deportivas y de ocio (16 establecimientos)
O Grove
Cruceros Ángel
Cruceros Arosa
Cruceros do Ulla
Cruceros Mares do Grove
Cruceros Marifaneca-Cruceros Pelegrín
Minicruceros Proba
Cruceros Mondroa
Cruceros Rías Baixas
Cruceros Turimares
Kurotán Charter
Acquavisión Galicia
Lalín
Desafío Ocio
Tui
Arrepións
Vigo
Sailway
Cangas
Cangas Aventura
Vilagarcía de Arousa
Galicia Marine Charter
Puertos deportivos (2 establecimientos)
Vigo
Puerto Deportivo Marina Dávila Sport
Baiona
Puerto Deportivo Monte Real Club de Yates

Agencias de Viajes (1 establecimiento)
Vigo
Viajes Jet SA

Oficinas de Información Turística (8 oficinas)
Cangas
O.T. Puerto-Concello de Cangas
Poio
O.T. Concello de Poio. Casal de Ferreirós
Baiona
O.T. Concello de Baiona
Cambados
O.T. Concello de Cambados
Nigrán
O.T. Concello de Nigrán
Ponteareas
O.T. Concello de Ponteareas
Pontevedra
O.T. Turismo Rías Baixas
O Grove
O.T. Concello O Grove

Praias (6 praias)
Cangas
Playa Rodeira
Nigrán
Playa América
Playa Panxón
Playa Patos
A Guarda
Playa Area Grande
Playa O Muíño

Outros servizos (3 establecementos)
O Porriño
Vigoocio
Pontevedra
Taxi José Aurelio Vázquez Posa
O Grove
Academia Vox Populi

Ningún comentario:

Publicar un comentario