O presidente da Xunta di que o Goberno galego está disposto a desbloquear canto antes a situación e lembra que lle enviou unha carta ao vicepresidente terceiro na que lle reclama a convocatoria urxente dunha reunión para tratar de aclarar as discrepancias ao respecto da Lei de Caixas
· O presidente galego respondeu as preguntas dos grupos parlamentarios
Foto: Xoán Crespo
Infogauda / Galicia
Feijóo: “A Xunta ten listo o recurso contra o FROB para presentalo se o goberno é desleal e continúa o trato desigual a Galicia”.
Asegura que “en ningún caso se vai aceptar recorte algún nas competencias de Galicia, nin imos renunciar a ningún dos principios inspiradores da Lei aprobada polos dous terzos desta Cámara”.
Lembra que a postura da Xunta coas caixas é clara: “queremos que Galicia estea presente no mapa financeiro español, e a única vía que actualmente cumpre con este obxectivo é a unión das Caixas, fusionándose nunha gran caixa galega, que sería a quinta caixa de España”.
Sostén que o Goberno socialista está a manter unha “triple deslealdade: recorren sen o máis mínimo diálogo previo coa comunidade; recorren por inconstitucional o que eles mesmos consideran constitucional en Andalucía, Cataluña ou no País Vasco; e piden a suspensión inmediata de determinados artigos da Lei, conducindo ao sistema financeiro galego a unha situación de bloqueo e provisionalidade, e de debilidade”.
Reitera que a Xunta vai dialogar para tratar de retirar o recurso e comprométese a manter informados puntualmente aos grupos da Cámara da evolución das reunións co Goberno central.

Hernández anuncia que neste mes rematarase o estudo e a revisión das zonas asolagables do dominio público hidráulico de competencia autonómica
Foto: Ana Varela
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas avanza que este proxecto será presentado na xunta de goberno de Augas de Galicia en marzo e posteriormente, someterase a consulta pública a través da web deste organismo.
Aclara que o estudo delimita as zonas inundables en 80 quilómetros, distribuídos en 39 treitos de río, cun mapa de risco para as bacías costeiras e inclúe medidas de actuación necesarias.
Subliña que a Administración Hidráulica de Galicia disporá este mesmo ano dun sistema de prevención de enchentes que permitirá calcular con antelación os caudais esperados en 17 ríos de Galicia.

A Xunta destinará máis de 27,5 millóns de euros ao fomento e apoio dos autónomos ao longo deste ano
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, salientou a contía que os orzamentos recollen para este sector en resposta a unha pregunta parlamentariaA titular do departamento autonómico avanzou que xa se está a elaborar a orde que desenvolverá o Estatuto do Traballo Autónomo e que se publicará en 2010.Turismo promove plans de desestacionalización co sector e os entes provinciais e locais
A Secretaria Xeral para o Turismo, a través de Turgalicia propicia a colaboración entre as Administracións Públicas e as asociacións profesionais co obxectivo de captar máis turistas nas épocas de menor demanda.
É a primeira vez que se lanza dende a Administración Turística galega un plan de desestacionalización en colaboración co sector privado e os padroados provinciais para todo o territorio da Comunidade Autonóma galega.
Ler máis.

A Consellería de Educación convoca preto de mil prazas de mestres e de profesores de Secundaria para as oposicións 2010
Entre as prazas presentadas na mesa sectorial, 227 máis que o ano pasado, inclúense as de profesores técnicos de Formación Profesional e de Música e Artes Escénicas.
No mesmo encontro cos sindicatos se deron a coñecer as convocatorias para corpo de Inspectores de Educación e para os novos equipos directivos de centros docentes.

A lamprea mariña mantense en bo estado de conservación en Galicia, malia que nalgúns ríos as súas poboacións son escasas
Medio Rural e a USC colaboran na investigación e seguimento desta especie, co fin de mellorar a súa protección.
O director xeral de Conservación da Natureza inaugurou unhas xornadas sobre a lamprea nas que participan destacados expertos internacionais.

Ningún comentario:
Publicar un comentario