A VECIÑANZA DO BAIXO MURO ESIXE AO ALCALDE DA GUARDA QUE CUMPRA COS SEUS COMPROMISOS E ABRA A RÚA
Infogauda/A Guarda
A veciñanza da rúa Baixo Muro e das vías contiguas, reunida en asemblea, denuncia publicamente o incumprimento dos prazos de execución comprometidos polo alcalde para a apertura da rúa.
Os residentes cualifican de "indignante" que este proxecto volva quedar adiado. Segundo explican, o goberno local decidiu desviar os fondos da Deputación Provincial cara á compra da casa de Don Eloi, relegando así o compromiso previo de abrir a rúa Baixo Muro para conectala e darlle saída á rúa Ireira.
Ante este malestar xeral, a veciñanza anunciou o inicio dunha campaña de mobilizacións e denuncia pública e advirten de que a campaña continuará con firmeza ata que as máquinas comecen a traballar na rúa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario