A GUARDA CELEBRARÁ ESTE DOMINGO A FESTA DOS AVÓS NO AUDITORIO DE SAN BIEITO
• O Club da Terceira Idade e Pensionistas organiza unha tarde de música e convivencia para render homenaxe aos avós e avoas
O Club da Terceira Idade e Pensionistas da Guarda celebrará este domingo, 19 de xullo, unha nova edición da Festa dos Avós, unha cita que busca render homenaxe aos avós e avoas, recoñecendo o seu importante papel nas familias e na sociedade.
O acto dará comezo ás 19:00 horas no Auditorio de San Bieito e contará cun programa musical no que participarán o Grupo de Gaitas do Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda, a Coral da Club da Terceira Idade e Pensionistas de A Guarda e a Coral Fogar de Breogán Lira Salvatierra, que ofrecerán unha tarde de música pensada para compartir e celebrar en compañía.
Ao remate da actuación, as persoas participantes poderán desfrutar dunha rosca e refrescos, favorecendo un espazo de encontro e convivencia entre as persoas asistentes.
A Festa dos Avós é unha oportunidade para poñer en valor a figura dos avós e avoas, referentes de experiencia, dedicación e cariño, que desempeñan un papel fundamental na transmisión de valores e tradicións e que, en moitas ocasións, constitúen un apoio imprescindible para as familias.

Ningún comentario:
Publicar un comentario