15 de xul. de 2026

O ROSAL

O VIII Festival Xente Xida encherá de música e ambiente festivo a praza do Calvario o vindeiro 24 de xullo 




Infogauda/O Rosal 

 O VIII Festival Xente Xida celebrará unha nova edición o vindeiro xoves, 24 de xullo, na praza do Calvario, no Rosal, cun programa que combinará música tradicional, folk e propostas para todos os públicos. A cita dará comezo ás 21:00 horas e volverá converterse nun dos encontros festivos destacados do verán na comarca.

 O cartel desta edición abrirase coa actuación de Migallas, que ofrecerá un espectáculo pensado para as nenas e os nenos, pero tamén para o público adulto. A continuación subirán ao escenario Os Carunchos, unha das formacións máis recoñecidas da música tradicional galega, seguidos de Deixandar e do grupo anfitrión, Xid@s, que porán o broche á noite.  

 Ademais da programación musical, o festival contará cun servizo de cantina e con porco ao espeto, completando unha proposta que busca combinar cultura, gastronomía e convivencia nun ambiente festivo e familiar.

 O VIII Festival Xente Xida está organizado polo Concello do Rosal e por O Trebón dos Xidos, coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario