Grazas por facer posible os 3.000.000 de páxinas vistas en Infogauda
Nestes días, o blog Infogauda: un espazo de información transfronteiriza acadou a cifra de 3.000.000 de páxinas vistas, un fito que queremos compartir con todas as persoas que, ao longo destes anos, fixeron posible este percorrido.
O noso máis sincero agradecemento vai para todas as lectoras e lectores que nos acompañan cada día coa súa confianza; para as colaboradoras e colaboradores que enriquecen este espazo coas súas achegas; para as entidades culturais, deportivas, sociais e empresariais que comparten connosco a súa actividade; e para as administracións e institucións públicas que nos facilitan o labor informativo.
Un agradecemento moi especial merecen tamén todas aquelas persoas que, de maneira discreta e constante, veñen apoiando incondicionalmente este medio de comunicación social. A súa confianza, o seu ánimo e o seu compromiso son un estímulo permanente para continuar traballando con ilusión, rigor e independencia.
Estes tres millóns de páxinas vistas representan moito máis ca unha cifra. Son a expresión dunha comunidade de lectoras e lectores que acredita na importancia dunha información próxima, plural e comprometida co territorio e coa realidade transfronteiriza.
Seguiremos traballando co mesmo entusiasmo e coa vontade de continuar sendo un espazo aberto ao servizo da información, da cultura e da sociedade.
Moitas grazas a todas e a todos pola vosa confianza.
Infogauda

Ningún comentario:
Publicar un comentario