1 de xul. de 2025

A GUARDA

Figuras metálicas: un exposición de obras con "vida", da autoría de Genaro Alonso

  Do 2 ao 15 de xullo, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h, na Casa dos Alonso


Genaro Alonso Martínez
Fotos: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

  Partindo da recolección de materiais - maioritariamente férricos - que para a maioría dos mortais, xa cumpliron ás funcións para as cales foran deseñados, xurde do maxín de Genaro Alonso Martínez, á Arte - con A maiúscula - sen límites, coa cal logra realizar infinidade de obras que son a expresión do seu inabarcábel talento creativo.

 Ademais de posuir unhas inmellorables características como ser humano, Genaro Alonso é unha persoa constante no seu labor artístico. Outro dos seus méritos é que non recúa diante de calquer reto que se lle pase pola mente. 

 Asemade é un artista con acreditada e continuada vocación. Dese xeito, ten realizado unha producción heteroxénea en canto a temática, estilo, forma, e mesmo no relativo ao peso específico de cada creación.

 Outro mérito de Genaro Alonso é súa capacidade para executar artísticamente cada idea que se lle ocorra. E debido as súas inquedanzas, procura que algunhas das súas creacións - especialmente as figuras antropomorfas ou as relacionadas con actividades do mundo rural - teñan "vida".




 Figuras metálicas é o título xenérico da nova exposición que Genaro Alonso presenta do 2 ao 15 deste mes, na Casa dos Alonso, que pode visitarse de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h, na Casa dos Alonso.

 Son 41 obras e entre elas podemos contemplar novas propostas, realizadas maioritariamente en aceiro, e algunhas en chumbo.  Hai figuras estilizadas, expresivas, máscaras, siluetas,..., e por encima de todo, diferentes feitíos de singular beleza.

O ROSAL

O Rosal achégase a doar antes de viaxar  

  Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Sangue estará no concello o luns, 7 de xullo, de 10.15 a 14 e de 16 a 21 h  

 



Infogauda / O Rosal

 O Rosal prepárase para as vacacións estivais, pero con solidariedade. O vindeiro luns, 7 de xullo chegará ao concello unha nova unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que abrirá as súas portas a todas aquelas persoas que desexen sumarse ao equipo de doazón de sangue e achegar a súa pinga de solidariedade antes de viaxar este verán. Trátase da época do ano na que se precisan máis doazóns de sangue. 

 Como é habitual, esta unidade móbil estará situada na rúa Ramón Franco 4, diante da sucursal de Abanca, e atenderá ao público de 10.15 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas. Dende ADOS fan un chamamento a doar especialmente a aquelas persoas con sangue A+, xa que as reservas se atopan xa en nivel de alerta, así como dos grupos sanguíneos A-, 0+ e B+, que nestes intres están moi baixas. As persoas que desexen doar sangue poderán solicitar máis información chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828. 

 O proceso, que apenas dura 10 minutos, permitirá salvar ata tres vidas por cada persoa doante. É importante lembrar que poderán doar rosaleiros e rosaleiras con máis de 18 anos e máis de 50 kg e deberán ir despois de almorzar se acoden pola mañá ou dúas horas despois de xantar ao mediodía se acoden pola tarde. É imprescindible levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar, ademais de informar ao médico en caso de estar tomando algún medicamento. 

 Ademais das 10 unidades móbiles que se desprazan cada día, a Axencia Galega mantén abertos sete puntos fixos nos principais hospitais galegos na procura de doazóns de sangue que despois son procesadas e preparadas para atender as necesidades diarias de milleiros de doentes os 365 días do ano. Os hospitais galegos precisan ente 400 e 500 doazóns de sangue cada día, arredor de 10.000 ao mes, para garantir a asistencia a todas as persoas que o necesitan.

TURISMO

Concelho de Caminha recebeu Prémios Cinco Estrelas Regiões

 Serra d’Arga e Praia de Moledo foram os ícones galardoados


O Município de Caminha foi representado pela Chefe de Divisão da Cultura da Câmara Municipal, Angelina Esteves
Foto: C.M.C.

Infogauda / Caminha

 A boa notícia chegou no início de abril: o Concelho de Caminha foi um dos vencedores destacados na edição 2025 do Prémio Cinco Estrelas Regiões. Conquistou o Prémio Cinco Estrelas com a Serra d’Arga, na Categoria Serras e Montanhas, e com a Praia de Moledo, na Categoria Praias. A entrega dos Prémios Cinco Estrelas Regiões 2025 aconteceu na passada sexta-feira, 27 de junho, em Sabrosa, num evento largamente participado, que foi também mais uma extraordinária oportunidade de divulgar e dar visibilidade ao concelho de Caminha.

 A entrega dos prémios contou com a participação dezenas de representantes de Marcas e de Câmaras Municipais, contribuindo para a promoção das diferentes regiões do país. O Município de Caminha foi representado pela Chefe de Divisão da Cultura da Câmara Municipal, Angelina Esteves.

 As distinções dizem respeito à 8ª edição do Prémio Cinco Estrelas Regiões, um sistema de avaliações de âmbito nacional. A informação e imagens sobre os dois ícones premiados já se encontram online no website, em www.cinco-estrelas.pt

 A informação sobre a Serra d’Arga está online em https://r.cinco-estrelas.pt/vencedor/serra-darga/ enquanto a Praia de Moledo é dada a conhecer em https://r.cinco-estrelas.pt/vencedor/praia-de-moledo/

 Como já referimos, este é mais um galardão que reconhece o nosso território, não apenas pela beleza natural, mas também pelas condições que oferece e pelo trabalho que vem sendo desenvolvido.

 Recordamos que, no caso da Serra d’Arga, por exemplo, tem sido realizado um intenso trabalho de investigação, valorização e defesa, sendo um dos resultados a informação reunida, bastante completa, no website https://www.serradarga.pt/ divulgado também, agora, pelo Prémio Cinco Estrelas Regiões. Aqui ficamos a conhecer com pormenor um espaço de excelência: A Serra d’Arga “constitui uma das áreas mais emblemáticas do Alto Minho, não só pela vastidão das paisagens agrestes do seu topo, mas também pela singularidade dos seus valores naturais. Nos pontos mais altos da serra, dominados por imponentes maciços graníticos, existem áreas naturais de pastagem de rara beleza onde ocorrem diversos tipos de matos numa matriz de pastagens com uma diversidade florística notável. Nestes matos e prados alimentam-se cabras, vacas e garranos, coexistindo no mesmo ecossistema do lobo, que tem aqui uma das populações mais próximas do litoral. Perto das pitorescas aldeias que se desenvolvem na transição para o xisto, existem campos de cultivo, lameiros e bosques naturais, atravessados por diversas linhas de água. Outrora, estes rios e ribeiros forneciam a energia aos moinhos, que ainda se podem observar, e onde se fazia a moagem dos cereais cultivados nos campos”.

 A distinção atribuída à Praia de Moledo é mais uma confirmação do seu prestígio nacional e internacional. Trata-se de uma praia belíssima e de grande qualidade, reconhecida e galardoada repetidamente.

 Os Prémios Cinco Estrelas Regiões são descritos como “um sistema de avaliação que identifica, segundo a população portuguesa, o melhor que existe cada região (18 distritos + 2 regiões autónomas) ao nível de recursos naturais, gastronomia, arte e cultura, património e outros ícones regionais de referência nacional; bem como premeia marcas portuguesas que se destacam a nível regional. Os ícones regionais são identificados anualmente através de uma votação nacional”.

 A organização esclarece ainda que “a seleção dos vencedores envolveu um rigoroso processo de avaliação, contando com a participação de 498.660 consumidores, os quais analisaram mais de 1.022 marcas. Destas, apenas 141 alcançaram o estatuto Cinco Estrelas, ou seja, pouco mais de 13% do total analisado. Esta é, pois, a demonstração da sua excelência, por via de um amplo reconhecimento público por parte de quase meio milhão de pessoas, bem como do rigor metodológico por que se rege aquele que o melhor sistema de avaliação nacional. Os Prémios Cinco Estrelas Regiões reforçam, assim, o seu compromisso em distinguir o que de melhor se faz em Portugal, contribuindo para a valorização do património, cultura e tecido empresarial do nosso país”.

TOMIÑO

O pasado e presente camiñan da man polas parroquias de Tomiño  

 O Concello pon en marcha un ciclo rutas guiadas para redescubrir a historia e o patrimonio tomiñés  

A primeira ruta será este sábado 5 de xullo ás 10.00 horas por Amorín. De balde, sen inscrición previa  


Fotos: C.T.

Infogauda / Tomiño 

 O Concello convida á veciñanza a ver Tomiño con outros ollos coa posta en marcha do ciclo de rutas guiadas ‘As pegadas do pasado e do presente’, unha proposta coa que percorrer a historia, o patrimonio e a cultura local a través de catro camiñadas únicas polas parroquias tomiñesas. 

 Estas rutas, guiadas pola historiadora Natalia Jorge, buscan “descubrir o que a simple vista non percibimos do que temos máis próximo”, como sinala a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, que destaca que nun mundo cada vez máis globalizado “é máis necesario ca nunca afondar nos lazos que nos unen, reencontrarnos co que somos e co que nos fai comunidade, para poder preservar o noso”. “Coñecer as pegadas do noso pasado é tamén un xeito de construír o futuro con identidade e orgullo do lugar ao que pertencemos”, engadiu a rexedora. 

 As rutas terán lugar de 10.00h a 12.00h, con prazas ilimitadas e sen necesidade de inscrición previa, e contarán con paradas en puntos clave que permitirán afondar en relatos e curiosidades que modelaron o territorio e a súa xente. 

 A primeira andaina será este sábado 5 de xullo, que baixo o título de ‘Sabías que... o río Miño era atravesado a cotiá polas persoas dunha e doutra marxe’ levará a todas e todos os participantes a descubrir a parroquia de Amorín. O punto de encontro será o embarcadoiro de Amorín.  

 As rutas volverán o 19 de xullo cun percorrido por Santa María de Tebra e Pinzás, o sábado 9 de agosto por Tomiño e Estás e rematarán o 23 de agosto en Goián.  

 O Concello anima a toda a veciñanza a sumarse a estas rutas “para redescubrir xuntas e xuntos as historias que agochan as nosas rúas, montes e ríos”, conclúe a alcaldesa, “e para reforzar así o orgullo de pertencer a unha terra chea de vida e de memoria”. 

 Información completa das rutas na web do Concello.

VIGO

Medio Ambiente   

Abel Losada recibe aos integrantes da Plataforma Salvemos Santa Marta, de Baiona  

O subdelegado recalca que os recheos en execución son unha obra autorizada por Portos de Galicia e, por tanto, competencia da Xunta 

 

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, recibiu esta mañá na sede da Subdelegación en Vigo a unha representación da Plataforma Salvemos Santa Marta
Foto: S. do G.

Infogauda / Vigo

 O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, recibiu esta mañá na sede da Subdelegación en Vigo a unha representación da Plataforma Salvemos Santa Marta, colectivo que vén opoñéndose aos recheos en marcha para a ampliación do porto deportivo de Baiona, obra que conta coa autorización de Portos de Galicia e do Concello de Baiona. Na xuntanza tomaron parte Rafael Lores, Pablo Vasconcellos e Enrique Cabral. 

 Losada tiña recibido o pasado 9 de xuño unha petición da Plataforma para que o Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) realizase un informe sobre a orixe do material de recheo que se está a empregar e o cumprimento da normativa ambiental e sobre residuos. O subdelegado informou de que ese informe, unha vez elaborado, cómpre trasladalo á Fiscalía. 

 O subdelegado recalcoulle aos integrantes da Plataforma que trátase dunha obra que é responsabilidade directa de Portos de Galicia (empresa pública da Xunta de Galicia), ao situarse no dominio portuario galego. A este respecto aclarou que o informe sectorial emitido polo Ministerio de Transición Ecolóxica refírese especificamente a cuestións de protección da fauna e flora, establecendo medidas protectoras. 

 Por outra parte, Abel Losada reivindicou o dereito da sociedade e dos seus representantes á participación pública e a velar pola preservación do medio ambiente, polo que animou á Plataforma a emprender cantas accións considere necesarias en beneficio da comunidade.

VIGO

Xunta de Galicia e Asociación Amigos de la Ópera asinan un convenio que permitirá representar en Vigo a célebre ‘Werther’ 

  López Campos destaca que se trata dunha das actuacións principais do Festival Outono Lírico, incluído na campaña ‘Para gustos, cultura’ do Goberno galego

  O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude salienta o compromiso do Goberno galego para que a cidade olívica conte cunha programación “excelsa e variada”


O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o presidente da Asociación Amigos de la Ópera de Vigo, Daniel Diz, asinaron un convenio para desenvolver o Festival Outono Lírico
Foto: X.G.

Infogauda / Vigo 

 O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o presidente da Asociación Amigos de la Ópera de Vigo, Daniel Diz, asinaron un convenio para desenvolver o Festival Outono Lírico que, entre outros concertos deste xénero, permitirá gozar na cidade olívica, o 8 de novembro, da célebre Werther de Jules Massenet. 

 Deste xeito, a Xunta achega 30.000 euros a esta convenio que, segundo salientou López Campos, supón “unha nova mostra do incuestionable compromiso cunha programación cultural excelsa e variada en Vigo”. Nesta estratexia, apuntou que o Festival Outono Lírico tamén forma parte da campaña da Administración autonómica Para gustos, cultura, “que está a ofrecer máis de 3.400 actividades de 40 tipoloxías diferentes por 200 concellos galegos”. 

 O titular de Cultura do Executivo galego puxo en valor a actividade que desenvolve a Asociación Amigos da Ópera de Vigo para que en Galicia se desfrute dunha programación operística “de primeiro nivel” e quen ten convertido o Festival Outono Lírico “nun referente do xénero dentro e fóra da Comunidade”. 

Programación Festival Outono Lírico 

 No caso do Festival Outono Lírico, a contribución da Xunta permitirá unha programación para os meses de setembro, outubro e novembro, que inclúen títulos destacados da lírica internacional, zarzuela e actividades paralelas pensadas para todos os públicos. En concreto, o calendario arrancará coas representacións das obras A Voz Humana e A Dama de Montecarlo, seguido de Unha noite de zarzuela, coa soprano Ainhoa Arteta. 

 No entanto, o representación máis salientable desta edición será a representación de Werther, de Jules Massenet, cun elenco conformado por un tenor, unha mezzosoprano, un barítono, un baixo e unha soprano acompañados da Orquestra Sinfónica de Vigo 430 e o coro do Instituto A Xunqueira de Pontevedra. 

 Ademais, a programación inclúe o tradicional concerto de Novas voces da Lírica Galega e os habituais ciclos Ópera no Cinema dedicado este ano aos compositores Georges Bizet e Maurice Ravel, así como as iniciativas Cinema de Outono e Falamos de, unha serie de charlas e encontros con artistas expertos.

ECONOMÍA

Comeza a xornada continuada no sector da construción da provincia de Pontevedra 

 A medida estará vixente dende hoxe 1 de xullo até o vindeiro 31 de agosto 


A xornada continuada non só responde á necesidade de protexer a saúde laboral fronte ao estrés térmico propio do verán, senón tamén á demanda crecente de medidas que favorezan a conciliación da vida laboral e persoal no sector
Foto: CIG

Infogauda / Pontevedra

 O persoal da construción da provincia de Pontevedra gozará da xornada continuada durante os meses de verán dende hoxe 1 de xullo até o vindeiro 31 de agosto, unha medida que busca mellorar as condicións laborais nunha época marcada polas altas temperaturas, “pero que tamén responde á necesidade de favorecer a conciliación da vida laboral e persoal nun sector especialmente esixente”, tal e como sinalan dende a Federación da Construción e Madeira (FCM) da CIG de Pontevedra. 

 Pontevedra é, a día de hoxe, a única provincia galega que conta con esta mellora, recollida no convenio colectivo provincial, froito da mobilización e do traballo constante da CIG, que ostenta a maioría no sector na provincia. A central sindical leva máis dun ano loitando para facer realidade esta xornada continuada, “que supón unha conquista histórica para a clase traballadora da construción”. 

 Segundo explican dende a central sindical, a xornada continuada non só responde á necesidade de protexer a saúde laboral fronte ao estrés térmico propio do verán, senón tamén á demanda crecente de medidas que favorezan a conciliación da vida laboral e persoal no sector. “Trátase, polo tanto, dunha medida integral de benestar laboral”. 

 Esta e outras melloras incluídas no convenio provincial son cuestións que a CIG quere levar tamén ao ámbito galego. A central aposta pola creación dun convenio marco galego da construción que permita decidir dende Galiza as condicións laborais do sector, “sen imposicións nin tutelas alleas”. 

 “Queremos un convenio galego que nos dea capacidade de decisión no noso país, e que non nos veña marcado dende Madrid con imposicións que non responden á realidade do sector aquí. Mentres en Pontevedra conseguimos a xornada continuada no verán, nas outras provincias galegas as persoas traballadoras seguen sen esta medida, porque carecen dun convenio propio ou están atados ao estatal. Esta desigualdade é inadmisíbel e temos que combatela con ferramentas propias”, sosteñen dende a CIG. 

 A central sindical reafirma o seu compromiso en seguir defendendo un modelo de negociación colectiva que respecte a realidade laboral e social de Galiza, e que garanta avances reais nas condicións de traballo do persoal do sector.

ECONOMÍA

Novas protestas pola mellora das condicións laborais no sector de elaborados do mar 

 A FGAMT-CIG decidiu hoxe reactivar as mobilizacións despois do período estival para reclamar un convenio colectivo digno 


Asemblea de delegados/as do sector
Foto: CIG

Infogauda / Vigo 

 O persoal do sector de produtos elaborados do mar retomará as protestas por un convenio digno despois do verán. Así o acordou a FGAMT-CIG na xuntanza de delegadas/os celebrada hoxe en Pontevedra para analizar o estado dunhas negociacións que a patronal e CCOO e UGT están a dilatar, até punto de que dende xaneiro só se celebraron tres reunións da mesa. 

 No marco desta estratexia do empresariado e dos sindicatos estatais pactouse recentemente un incremento salarial do 4% para 2025, acordo que a CIG se negou a asinar xa que “negociar un convenio colectivo non pasa só por incrementar o salario para un ano, sen saber nin cando se fará efectivo”. Ademais, central solicitara a creación da terceira paga extra e a suba automática do grupo 2 ao grupo 3, “pero a patronal e os seus cómplices negáronse a falalo”. 

 A ratificación deste acordo supuxo pospoñer até o mes de outubro o inicio da negociación das restantes cuestións do convenio: permisos, xornada, complementos ou incrementos salariais para o resto dos anos de vixencia, e para a CIG constitúa un intento de evitar que a central convocase novas protestas coincidindo coa feira Conxemar en Vigo. 

 Mais na reunión de delegados/as do sector que tivo lugar esta mañá decidiuse retomar as mobilizacións para esixir unha negociación “real” do convenio, de xeito que o 23 de setembro haberá unha asemblea de persoas traballadoras no Porto de Marín e unha posterior concentración diante de Galicia Processing Seafood (GPS), empresa do presidente da patronal. E para o 8 de outubro convocouse unha mobilización diante do IFEVI en Vigo coincidindo coa celebración da feira Conxemar. 

Maioría absoluta no comité de Iberconsa 

 A loita promovida pola CIG para mellorar as condicións laborais no sector de elaborados está a verse reflexada nun cada vez maior apoio das persoas traballadoras nas empresas, até o punto de que dos 10 últimos representantes sindicais escollidos na provincial de Pontevedra, 7 foron para a central sindical.  

 Por exemplo, nas eleccións sindicais que se veñen de celebrar no centro de traballo de Iberconsa Seafood Processing en Bouzas, a CIG obtivo a maioría absoluta por primeira vez ao sumar 6 delegadas/os dos 9 que conforman o comité (as outras/os 3 foron para a UGT). Este resultado foi posíbel grazas aos 67 votos colleitados entre o persoal de produción, mentres que UGT logrou 8 (1 representantes) e rexistráronse 5 en branco. O sindicato estatal sumou os outros 2 representantes entre o persoal técnico e administrativo con 15 votos e 2 en branco. No proceso participaron 103 das 122 persoas traballadoras con dereito a voto. Nas anteriores eleccións sindicais, no que se escollían 5 representantes, a CIG obtivera 2, fronte a 3 da UGT. 

 Dende a FGAMT-CIG de Vigo agradecen o apoio recibido por parte do cadro de persoal de Iberconsa e consideran que é consecuencia da “actitude coherente” que a central está a amosar no sector “tendo en conta que somos o único sindicato que se está a mobilizar en defensa dunhas condicións laborais dignas”. 

ARCOS DE VALDEVEZ

Alunos do 4.º Ano exploraram o ciclo da fruta e o seu aproveitamento   


Alunos do 4.º ano do Agrupamento de Escolas de Valdevez participaram numa atividade exploratória dedicada ao ciclo da fruta e à valorização dos seus múltiplos usos
Foto: C.M. A. de V.

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 No passado dia 11 de junho, os alunos do 4.º ano do Agrupamento de Escolas de Valdevez participaram numa atividade exploratória dedicada ao ciclo da fruta e à valorização dos seus múltiplos usos. 

 A iniciativa, promovida pelo Município de Arcos de Valdevez em articulação com a equipa de Saúde Escolar, insere-se no âmbito do programa “Regime de Fruta Escolar”, cofinanciado pelo Instituto de Financiamento da Agricultura e Pescas (IFAP). Este programa tem como objetivo principal promover hábitos alimentares saudáveis junto das crianças e jovens. 

 Ao longo da atividade, os alunos puderam conhecer as várias etapas do processo de produção da fruta, especificamente do baby kiwi: desde a preparação do solo e os cuidados com as plantas, até à colheita e à seleção dos frutos prontos a serem consumidos ou comercializados. 

 A experiência incluiu ainda momentos de descoberta sobre as diferentes formas de conservar e consumir fruta, culminando numa degustação de produtos feitos à base de baby kiwi, que aliou o saber ao sabor. 

 Esta ação representou uma oportunidade de aprendizagem enriquecedora, sublinhando a importância de conhecer o percurso dos alimentos que consumimos, de valorizar a produção local e de adotar escolhas alimentares mais saudáveis.