1 de out. de 2025

O ROSAL

Novo curso no Rosal para obter a licencia de navegación 

 A Federación Galega de Motonáutica impartirá esta formación o vindeiro 18 de outubro no Centro Social Polivalente 

     



Infogauda / O Rosal

 A Real Federación Galega de Motonáutica en colaboración co Concello do Rosal impartirá un novo curso para obter a licencia de navegación, a titulación que permite gobernar motos náuticas sen limitación de potencia e embarcacións de recreo de ata 6 metros de eslora e unha potencia de motor axeitada segundo a empresa fabricante.  

 O curso impartirase o 18 de outubro no Centro Social Polivalente. 

 As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información e inscribirse enviando un correo a rfg.motonautica@gmail.com ou chamando ao teléfono 986 222 440.

Ningún comentario:

Publicar un comentario