FÚTBOL
Presentación oficial U.D. Ribera: 20 equipos e máis de 320 licenzas
• O domingo, 5 de outubro, ás 16:15 horas, no Campo de Fútbol A Mata
Unión Deportiva Ribera / Redacción Deportes / O Rosal
A U.D. Ribeira consolídase un ano máis como un club de referencia na formación deportiva e social no Baixo Miño.
Esta tempada, contamos con:
• 20 equipos en total, abarcando todas as categorías, desde a base ata os equipos superiores.
• Máis de 320 licenzas federativas, o que reflicte a magnitude e o compromiso do club coa nosa comunidade.
• Máis de 25 técnicos titulados para o desenvolvemento das mesmas.
A presentación será un acto festivo que reunirá a máis de 300 deportistas, corpo técnico, directiva, familias e afeccionados.
Consideramos que este evento representa o esforzo de centos de mozos e o traballo de formación que realiza o noso club.
Ningún comentario:
Publicar un comentario