PIRAGÜISMO
O TEIXUGO MANU OCHOA, SÉTIMO NA INDIVIDUAL DE CAIAC CROSS DO MUNDIAL
Infomación (fotografía e redacción): Rosa Fernández Carrera
Ao longo desta semana celébrase en Sydney, Australia o Campionato do Mundo de Slálom, a máis importante das competicións deste deporte. Comezou este mundial coas individuais de caiac cross, na que setenta e catro deportistas de corenta países diferentes intentaron facer a baixada máis rápida para conseguir un bo posto nos enfrontamentos que se celebraran o domingo.
O teixugo Manu Ochoa xa leva unhas semanas en Sydney adestrando e preparándose para este acontecemento. Comezou con bo pé, no primeiro tramo do circuíto fixo o mellor tempo da competición, pero o segundo e terceiro tramo foron algo máis lentos, rematando finalmente en sétimo lugar, a dous segundos e medio do primeiro clasificado, o seu compañeiro de equipo, o segoviano David Llorente.
Este sétimo lugar dálle opción a encabezar e escoller posto de saída na súa serie o domingo, cando se celebrarán os enfrontamentos de caiac cross. Tamén o sitúan entre a elite do caiac cross, ao quedar entres os dez primeiros do ranking do mundo da modalidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario