A artista Natalia Golovastikova expón as súas paisaxes na Casa dos Alonso
• A exposición poderá visitarse ata o próximo xoves 9 de outubro
Infogauda / A Guarda
A Casa dos Alonso acolle unha nova exposición. Esta vez, a artista é unha nova veciña do Baixo Miño, Natalia Golovastikova, quen naceu en Saratov (Rusia) e mudouse en 1999 a España.
A exposición que presenta recolle numerosas paisaxes, plasmadas cunha técnica perfeccionada grazas aos seus estudos e preparación en arte. Estes cadros pódense visitar ata o próximo xoves 9 de outubro, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
A Casa dos Alonso continúa mostrando arte, sobre todo, local e do Baixo Miño, de xeito ininterrompido desde o mes de abril, mostrando o seu compromiso coa arte e cultura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario