26 de set. de 2025

A GUARDA

ROBERTO CARRERO  PON EN RISCO  UNHA SUBVENCIÓN DE UN MILLÓN E MEDIO DE EUROS  PARA A PISCINA MUNICIPAL   

Anxo Baz (BNG): A incapacidade para xestionar a reforma da piscina evidencia que Roberto Carrero é un lastre para o futuro da Guarda”  


Anxo Baz, portavoz municipal do BNG na Guarda

BNG / A Guarda

 O Concello da Guarda está a piques de perder unha subvención de un millón e medio de euros de fondos europeos  para a reforma integral  da piscina municipal.  

 O incumprimento de prazos, a ausencia de xestión, e a incompetencia que caracteriza ao goberno do PP de  Carrero e Fariñas provocou que a día de hoxe estea  paralizada a licitación da obra que tería que estar rematada en marzo de 2026.  

 O portavoz municipal do BNG na Guarda, Anxo Baz manifestou: a pesar das múltiples advertencias e chamadas de atención que lle temos feito desde a oposición, nomeadamente desde o BNG, o desinterese e a ineptitude do goberno de Roberto Carrero, levounos a esta situación na que estamos a piques de perder nada menos que un millón e medio de euros e poñendo en perigo o futuro da piscina. Con dous anos e medio de marxe e unha subvención tan importante, calquera goberno minimamente adicado ás súas funcións, tería o proxecto en fase de execución”.  

 O nacionalista concluíu a súa intervención dicindo: estamos diante dun episodio de absoluta vergoña, a incapacidade para xestionar a reforma da piscina municipal evidencia unha vez máis  que Roberto Carrero é un lastre para o futuro da Guarda”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario