26 de set. de 2025

A GUARDA

O Concello de A Guarda repartirá 200 novos composteiros entre a veciñanza  

As persoas interesadas xa os poden solicitar a través de medioambiente@aguarda.es ou no teléfono 986 61 00 00  


As persoas interesadas en obter un composteiro, xa o poden solicitar
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda repartirá 200 novos composteiros de xeito gratuíto entre as persoas veciñas da Guarda.  

 O obxectivo é reciclar a materia orgánica para obter un abono de alta calidade que os participantes poden aproveitar nas súas hortas ou xardíns, ao tempo que reducen os custos asociados. Deste xeito apóstase pola economía circular, ao tempo que contribúe a reducir a produción de residuos e lixo e a minorar as emisións de CO2 á atmosfera.  

 As persoas interesadas en obter un composteiro, xa o poden solicitar a través de medioambiente@aguarda.es ou no teléfono 986 61 00 00.  

 Os composteiros contan coas axudas da Xunta de Galicia financiadas con fondos europeos– NextGenerationEU, a través do Ministerio para la Transición Ecológica dentro do Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario