Aberto o prazo de presentación de solicitudes para a instalación de atraccións de feira e outros postos no Recinto Feiral durante as festas de San Telmo
Infogauda / Tui
Dende hoxe mércores, 26 de febreiro, ábrese o prazo de solicitude para a instalación de atraccións de feira e outros postos no espazo coñecido como Recinto Feiral (sito na rúa Mártires de Sobredo), durante as festas patronais de San Telmo en Tui que se celebrarán entre os días 19 e 28 de abril de 2025.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 10 días naturais, dende o mércores 26 de febreiro de 2025, ata o venres, 7 de marzo de 2025, para a presentación das solicitudes xunto coa documentación necesaria a través do rexistro electrónico do Concello de Tui, no rexistro xeral de documentos do Concello.
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, procederase á revisión da documentación presentada.O criterio de selección principal será a orde de rexistro de entrada no Concello de Tui coa documentación completa, aínda que sobre este criterio, terase en conta a non reiteración de atraccións ofertadas, as atraccións novidosas, a estética das atraccións, todo isto debidamente motivado, e que redunde no beneficio das Festas de San Telmo 2025 e o interese público.
A montaxe das atraccións realizarase entre os días 14 e 15 de abril. O 16 de abril as atraccións deberán estar montadas para proceder á revisión das condicións técnicas das atraccións por parte dunha ECCOM.
Os titulares dos postos e das atraccións deberán obrigatoriamente engancharse ao fío musical instalado polo concello, para evitar un impacto acústico fora dos decibelios permitidos pola normativa.
Os horarios establecidos serán os seguintes:
• Os días 16, 17 e 18 de abril a hora de peche establécese as 23:00 h
• Os días 19 e 20 de abril a hora de peche establécese as 02:00 h
• Os días 21, 22, 23 e 24 de abril a hora de peche establécese as 23:00 h
• Os días 25, 26, 27 e 28 de abril a hora de peche establécese as 02:00 h
A continuación poden consultarse o procedemento, a documentación requirida e os anexos.
SAN TELMO 2025 - Procedemento e Anexos
SAN TELMO 2025 - Declaración responsable alimentos modelo (pdf)
SAN TELMO 2025 Anexo I - Modelo declaración responsable (pdf)
SAN TELMO 2025 Anexo I - Modelo declaración responsable (word)
SAN TELMO 2025 Anexo II - Declaración responsable exención doc atraccións sen público (pdf)
SAN TELMO 2025 Anexo II - Declaración responsable exención doc atraccións sen público (word)
Ningún comentario:
Publicar un comentario