26 de feb. de 2025

TOMIÑO

Tomiño recibiu a visita da oficina móbil do programa + Renovables, para avanzar na transición enerxética 

 O concelleiro Lois Vázquez informou que se organizarán xuntanzas nas parroquias para facer chegar a información de forma directa ás persoas interesadas 


O deputado provincial de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e Leira Areeiro, Javier Tourís, acompañado de varios técnicos, reuniuse coa alcaldesa de Tomiño e cos concelleiros de Eficiencia Enerxética e Medio Ambiente
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 Esta semana o Concello de Tomiño recibiu a visita da oficina móbil do programa + Renovables impulsado pola Deputación Provincial, para avanzar na transición enerxética.  

 O deputado provincial de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e Leira Areeiro, Javier Tourís, acompañado de varios técnicos, reuniuse coa alcaldesa de Tomiño e cos concelleiros de Eficiencia Enerxética e Medio Ambiente, co obxectivo de dar a coñecer o labor da oficina móbil e as distintas actuacións que impulsa +Renovables no ámbito da eficiencia enerxética en municipios de menos de 50.000 habitantes.  

 A oficina móbil é un vehículo 100% eléctrico que percorre a provincia ofrecendo información e asesoramento en materia de autoconsumo enerxético. O seu equipo técnico proporciona asistencia sobre aspectos legais (redacción de estatutos, cesión de cubertas, contratos de execución de obras), técnicos (deseño de proxectos de xeración térmica ou eléctrica) e económicos (opcións de financiamento, créditos bancarios e subvencións dispoñibles).  

 O concelleiro Lois Vázquez informou que se organizarán xuntanzas nas parroquias para facer chegar a información de forma directa ás persoas interesadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario