26 de feb. de 2025

DEPORTES

FÚTBOL

1ª Autonómica Grupo 6

O SPORTING GUARDÉS RECIBIRÁ AO A. D. VILA DO CORPUS

• Este venres, 28 de febreiro, ás 20:30 horas, no campo de A Sangriña




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Logo de haber encaixado dúas derrotas consecutivas, unha - na xornada 22ª - no seu propio feudo (0-1), fronte ao equipo do Santa Mariña; e outra  (2-1), na xornada 23ª no campo do CCD Chaín; o Sporting Guardés prepárase para recibir este venres, día 28 de febreiro, ás 20:30 horas, no campo municipal da Sangriña, ao conxunto da A.D. Vila de Corpus. Dese xeito, é o único encontro da xornada 24ª que se disputará nesa data, "debido a ser fin de semana de entroido (...)" e "(...) tamén importante e a destacar, con entrada gratuíta", segundo indica a xunta directiva do club Sporting Guardés, que preside Víctor Manuel Lomba González.

 En calquer caso, non podemos pasar por alto, que o Sporting Guardés esvarou en dúas ocasións sucesivas, dándolles sendos balóns de osíxeno ao Santa Mariña, que naquela altura atopábase nos postos de perigo da táboa, e despois ao CCD Chaín, situado no ecuador da clasificación. 

 Eses dous encontros, deportivamente desafortunados, no que respecta a resultados, deberan ser todo un acicate para amosar este venres, no municipal da Sangriña, a mellor faciana do equipo de A Guarda. Especialmente se o Sporting Guardés quer manter súas aspiracións para voltar a situarse entre os tres primeiros equipos da competición, liderada polo Tyde, F.C., con 50 puntos; seguido polo Alertanavia, con 43; e en terceiro lugar o Gondomar C.F., con 41. 

 O Sporting Guardés, con 39 puntos atópase nestes momentos na 4ª posición. 

 Quedan 11 xornadas e a máis inmediata debe ter como obxectivo traballar para que os puntos queden na Sangriña. Non é un reto inalcanzable. É factible lograr a vitoria. O equipo de A Guarda debe desfrutar co seu fútbol e crer en sí mesmo.

 No que toca á afección, exhortamos aos seareiros guardesistas a que acudan ao campo para animar aos xogadores do Sporting Guardés a que fagan seu labor do mellor xeito posible. O "xogador nº 12" non marca os goles, pero da azos para logralos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario